Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Super-cameos en X-men 3

16-09-2005 18:03:47

A lista de rumores de posibeis aparicións de mutantes en X-men 3 non deixa de aumentar por momentos. Os últimos en apuntarse á abultada lista son Omega Vermello (o super-soldado da antigua Unión Soviética) e Gaunlet (que non teño nin idea de quen é, ¿algunha idea por ahí?)

Haberá que ve-la película con moito ollo para non perder detalle.

Vía SuperHero Hype!

Máis rumores e novas de X-men 3 en CINEMA FRIKI

Categoría: Rumores 3 Comentario(s) & 1 Referencia(s)



Referencias
Fixo unha Referencia CINEMA FRIKI o día 2005-12-06 03:08:20h.
[...] Super-cameos en X-men 3, Ben Foster en X-men 3, As irmás Williams en X-men 3, Nova mutante en X-men 3, Cartace teaser de X-men 3, Baixas en X-men 3, Posíbel reparto de X-men 3, Novas da Patrulla X 3 Categorí [...]



Comentarios
Comentario feito por Don Vitto, o día 20-09-2005 02:29:53h.
Xuraría que é un dos catro xinetes de Apocalipsis, un dos que o traizoan na Lua cando o clon de Cable fai a súa xogada. ¿Discordia era? Pero non estou seguro. E para mirar esas páxinas primeiro tería que atopalas.
Os dous recopilatorios de A Canción do Verdugo. Creo.

Comentario feito por Don Vitto, o día 20-09-2005 02:31:32h.
Pero sexa quen sexa, se ten tanta historia coma o home astronauta ese vermello, non hai problema, uns setenta e dous fotogramas lle boto, máis ou menos.

Comentario feito por Diefer, o día 21-09-2005 10:26:56h.
Esta, coma a de Spider-man 3, xa parece que lle están tomando o pelo os fans.

É coma unha telenovela. Non sabes quen te pode aparecer de sorpresa nin que xiro do guión pode ocorrer.

Eu creo que iso débese a un mal guión e a non ter idea de como facer unha película, que parece que a están facendo a desgana, simplemente polos cartos (como sempre) e por iso invéntanse estas cousas para facer o filme máis interesante.

Unha pena, si.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009