Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Trailers de medo

14-09-2005 20:10:04
O terror está de moda. Xa sabedes como vai isto. Unha película ten éxito e despois fanse un par de secuelas dela e un cento de clons ou similares. A cousa é facer cartos. E a nos o que nos gusta é pasar medo e que nos den sustos, pero de calidade.

Así que aquí temos os trailers dunha secuela e dunha de medo con posesións.

Saw 2

Podedes ve-lo trailer aquí. O mesmo da primeira multiplicado por catro.

Vía Rotten Tomatoes
Cartace e trailer teaser de Saw 2


Venom

Asentado no Bayou de Luisiana (tan de moda ultimamente), o señor Jangles é un que está posuido por 13 almas malvadas mortas por un feiticeiro vudú. O señor Jangles vólvese malo e colecciona chaves das súas víctimas.
Romperon a cabeza co guión e co resumo. O trailer aquí.

O filme está interpretado por Agnes Bruckner, Method Man, Bijou Phillips e Jonathan Jackson. (dous actores noviños e dous cantantes)

Vía Rotten Tomatoes

Categoría: Trailers e teasers 1 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Diefer, o día 15-09-2005 12:54:16h.
Tiña gañas de ver a primeira parte de Saw, xa que o argumento parece interesante, aínda que non sei se despois rematará con esceas de acción absurda, como soe ocorrer nalgunhas.

E a de Venom, paréceme outra máis de terror adolescente cutre-perralleiro. Definitivamente os guionistas de Hollywood tan de capa caída.

Coma dí Shin-Chan: "Eche o que hai"



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009