Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Keanu Reeves nunha hipotética Constantine 2

14-09-2005 17:27:43
A Keanu Reeves gustaríalle interpretar outra vez ó escuro detective do paranormal nunha secuela de Constantine. Pero a pesar do éxito comercial obtido coida que non se realizará esta segunda parte.

Eu faría unha segunda. Eles son os productores, así que eles teñen que ser optimistas. Non é cousa miña, meu. É cousa de quen queira que poña os recursos que cómpre para face-la película. Coido que a Warner Bros. non o vai facer. Coido que non ten senso no comercial para eles, eles non senten que vaia a dar cartos.
Keanu Reeves

Parece que imos quedar cas ganas. Pero tampouco é plan de facer secuelas e máis series de todo.

Vía Superheroe Hype!

Categoría: Actores e actrices 4 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Don Vitto, o día 15-09-2005 03:00:42h.
Non sería mala cousa que fixesen unha segunda parte, máis esixente cos espectadores, máis na liña de Hellblazer.
Non hai nin que pensa-la resposta da Warner:
"Érache boa se colase..."

Comentario feito por Diefer, o día 15-09-2005 12:58:34h.
Aínda non vin Constantine. Teño gañas, pero o tempo é o tempo.

Ademáis, agora cada vez que vexo a Keanu estou vendo ó Sr. Anderson, jejeje

Comentario feito por ifrit, o día 15-09-2005 16:50:34h.
Totalmente de acordo con Don Vitto (moi chulo o avatar). Quen sabe, ó mellor cola unha serie de TV, áinas boas e moi brutas por ahí adiante :D

Comentario feito por Pol, o día 17-09-2005 12:49:07h.
¿Quién es el del avatar? Así de primera impresión diría que es el Dr. Jiménez del Oso con peluquín :DD

(No hace falta que contestéis indignados, sé quién es)



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García