Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

De Os Irmáns Grimm non agardaba nada

08-09-2005 12:27:14

Ben. De Terry Gilliam teño visto que agora recorde... cinco películas: Brazil, 12 Monos, Medo e Noxo nas Vegas, O Rei Pescador e As Aventuras do Barón Münchausen, iso se non contamos as súas participacións cos Monty Python (¡a morte caia rauda sobor dos seus inimigos!) A que máis me gustou sen dúbida algunha foi Brazil, 12 Monos sorprendeume e do resto só destacaría Medo e Noxo nas Vegas.

De Os Irmáns Grimm non agardaba nada, de feito cando vin o anuncio pensei que unha frase que lle encaixaría sería: “Dos productores que profanaron a personase de Van Helsing chega unha película sobre os irmáns máis molóns do século XVIII”. Durante un intre xurei que endexamáis, inda que a vida dos meus futuros fillos dependera delo, consideraría ver esa película. Só mudei de opinión cando souben quen era o director. A un ex-Monty Python perdoarialle calquera cousa. Calquera cousa. Seguía botándome para atrás que estivera Matt Damon de protagonista, e inda que a Heath Ledger no lle teño especial manía non axudaba a que tomara unha rápida decisión. Ahí axudoume Mónica, inda que últimamente as películas nas que a teño visto apenas sae uns minutos, ensina o escote e desaparece. Algún dirá que qué máis quero...

O resultado final é interesante, sen buscar unha fidelidade documental, pero con pequenos detalles tales como as continuas referencias ós contos dos “homenaxeados” e que converte a súa propia historia nun conto de fadas ó tempo que che fan disfrutar inda máis da película. A destacar a actuación dos actores secundarios coma Jonathan Pryce no papel do xeneral francés Delatombe e de Peter Stormare coma Cavaldi (este ¡sueco! farache odiar realmente ós oficiais italianos)

E se despois de ve-la película non estades dacordo comigo, xa sabedes... botádelle a culpa á doblaxe.

Pol


Crítica Os Irmáns Grimm Hermanos Grimm Brothers Grimm

Categoría: Críticas 8 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Diefer, o día 12-09-2005 09:49:40h.
Po chi! Teño ganas de vela. Parece unha peli desas de aventuras, e aínda que non sexa boa, supoño que valerá para pasa-lo rato entretido no cine, que diso se trata.

Comentario feito por André Batista, o día 12-09-2005 11:34:15h.
Adorei o teu blog, embora escrito em espanhol, ainda entendo algumas coisas! O que interesa mesmo é o cinema, LOL

Comentario feito por ifrit, o día 12-09-2005 16:28:48h.
André, non é español, é galego, por iso entendes algunhas cousas :D

Gracias po-la visita! ;)

Comentario feito por Diefer, o día 13-09-2005 09:30:11h.
C.F.I. (Cinema Friki International)

O galego no mundo...

:D

Comentario feito por Yann Breoc, o día 13-09-2005 10:10:09h.
Ummm, non sei...
Aínda que peor que "Guardianes de la noche" non pode ser...
Joder, estou conmocionado con ese filme.

Comentario feito por Yann Breoc, o día 13-09-2005 10:11:19h.
Por certo, se pode dicir "joder" neste blog?
Debería ser "foder", non?

Comentario feito por ifrit, o día 13-09-2005 12:01:21h.
Tes que dicir ghoder, que non temos iota XDD

Comentario feito por Uruloki, o día 13-09-2005 14:47:45h.
É unha peli curiosa. Non podo considerar que foi unha perda de tempo, pero tampouco pasa da normalidade habitual.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García