Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Trailer teaser de Superman Returns

05-09-2005 21:03:56

"¿É un paxaro? ¿É un avión? Non ¡É Superman!"


¡¡Xa apareceu por fin!! ¡O mellor xa o sabes pero ahí che vai o teaser trailer de Superman Returns! [editado]Parece ser que non é un teaser trailer oficial, tan so un fan trailer feito coas imaxes oficiais vistas na Comic Con de San Diego. Pol, o noso corresponsal no EE.UU, rápido coma sempre.

CHI, CHI, xa hai un, e coa banda sonora orixinal (un pouco retocada) e con imaxes de Superman e todo, e... ufff!

Levava moito tempo esperando isto, unhas imaxes, e por fin... pero, bueno, tampouco é moi espectacular, pero tiña tantas ansias por que se fixo esperar moito. Pero está moi ben. Repito, o da B.S.O. é un puntazo, xa que todo o mundo, soamente con oi-la canción xa lle pon os pelos de punta e xa sabe o que vai a vir despois. ¡¡Alucinante!!

¡Arriba, arriba, e alá vou!


Superman voando

Lois Lane en Superman Returns

Novas imaxes de Superman Returns

Mallas azuis

Superman Returns

Categoría: Trailers e teasers 16 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Pol, o día 06-09-2005 05:32:40h.
No es el teaser oficial sino un fake muy bien hecho por un fan. Parece ser que está hecho a partir de imágenes expuestas en la Comic Con de San Diego (info via CINeol) y tal y cual, pero para mí sirve igual porque no las había visto :D

Comentario feito por Diefer, o día 06-09-2005 09:13:14h.
Pos está cogonudamente feito. Moitos productores podería contratalo para facer algunhas cousas mellores coas súas películas.

Pero lendo o guión ¿quen será ese malo de Kripton que chega a terra? Hui, hui, hui...

Comentario feito por Diefer, o día 06-09-2005 09:23:27h.
Ifrit, pasácheste!

Unha apreta.

Comentario feito por ifrit, o día 06-09-2005 11:02:33h.
Segundo os rumores que xa había pode ser Xuizo Final.

Mira ti para qué serve ter un corresponsal nos EE.UU, coma o de Magacine XDD

Comentario feito por Diefer, o día 06-09-2005 11:19:47h.
¿Xuizo Final? ¿Xa pensan matar a Superman na primeira película?

Espero que non se pasen cos efectos dixitais e a fagan ó estilo de Batman Begins, pero sendo Superman, creo que non lles vai a quedar outro remedio.

E menudo correponsal temos, que aprte de ver as películas antes ca nós, á semana seguinte xa as ten en DVD e pode velas en sudamericano, jejeje...

"Señor Bruno Díaz (Bruce Wayne), vayamos a la Baticueva (Batcueva) y dirijámonos a la Ciudad Gótica (Gotham), que nos espera Gatúbela (Catwoman)"

Así eran os comics de Ed. Viz que nos víñan DIRECTAMENTE de Mexico sen traducir.

Comentario feito por ifrit, o día 06-09-2005 11:23:19h.
As teorías que teño oido din que ó principio do filme Superman ven de matar a Xuizo Final.

Comentario feito por Diefer, o día 07-09-2005 09:28:50h.
Vaia! Entón todo ó da chegada a Terra de pequeno supoño que será en flashbacks, ¿non?

Comentario feito por Pol, o día 08-09-2005 01:55:35h.
Oye, si leéis el guión os podéis abstener de comentarlo aquí o por lo menos avisad de que hay SPOILERS :P

Por cierto, Doomsday no viene de Kriptón, sino de Apokolips, aunque seguro que eso se lo pasan por el forro. [/mode nerd OFF]

Comentario feito por Diefer, o día 08-09-2005 09:12:12h.
Boh! Isto non son SPOILERS nin nada, simplemente comenatarios, pero ahí vai un:

Clark Kent é Superman pero con lentes.

;D


Comentario feito por Don Vitto, o día 10-09-2005 01:42:48h.
Doomsday ven de Krypton. É un experimento xenético de xente que logo serían os "paisanos" con ADN compatible ó 100% co de Kal-El. Por iso Doomsday se encariña con Superman. Lémbralle os seus bos tempos coma rata de laboratorio, morrendo e sendo rexenerado para acelera-la súa evolución. Foi nese tempo cando os de Krypton aprenderon un montón sobre xenética. E logo modificarían o seu xenoma para que ninguén puidese abandona-lo planeta. Etc. Etc. Polo menos así se saca de A morte de Superman e uns números nos que Wawerider lle bota unha man porque Xuizo Final volve ás andadas.

Logo os guionistas empezaron a foder na trama e non tiveron miolos dabondo para deixar morre-lo conto aí. Darkseid consegue algo de material xenético do becho ese e empeza a facer clons pola súa conta. Pero claro, se son coma o orixinal un exército deles fode en calquera que se lle poña diante ou sexa que son clons pero menos...

Cando pillei na Gata Tola o recopilatorio onde publicaron toda esa trama, un no que Kara volve aparecer (por enésima vez todo sexa dito) case me dan gañas de cortelle as veas telekinéticamente ó marulo que cagou semellante truño.

Queda dito. Doomsday é orixinario da tecnoloxía en evolución de Krypton. Non de Apokolips. Iso ven despois.

Comentario feito por Don Vitto, o día 10-09-2005 01:57:39h.
Non creo que Superman veña de despachar a Xuizo Final. Non polo menos despois de A morte de Superman e O reinado dos Superhomes. Ese novo comenzo foi moi bo, polo que non deberían chafalo tan depresa. Se a cousa vai ben pódeno deixar para a terceira ou a cuarta parte. Se vai ben, xa digo.

Agora deberían presentar a Lex Luthor coma un cacho cabrón moi listo e logo poñer a algún outro para que lle poida zurra-la badana a gusto sen comprometer un dos piares do continuo do Universo Superman.

Estaría ben que comezasen co novo enfoque que lle deu John Byrne tempo atrás. Dúas décadas case. Como pasa o tempo...

Superman ten demasiados inimigos chungos no man a man coma para entrar a rachar con Doomsday.

A criatura que despachou a Kal-El de Krypton. A Superman. Ó máis poderoso dos heroes clásicos da DC. (Pasade de lembrarme ó Capitan Marvel).

Iso sería coma os primeiros minutos de Operación Swordfish. Ou o salto de Trinity en Matrix. Se o fan van deixa-lo listón un pouco alto de máis para unha futurible segunda parte. Porque a non ser que teñan unha flor nese buratiño non creo que monten algo tan bo coma Matrix, o máis probable é que quede nalgo un pouquiño mellor que Superman contra o Home Nuclear de Superman IV, pero que teñan coidado...

Por se non o notades estou tentando baixa-las esperanzas, polo menos as miñas, non vai ser que me queden coma as do Ifrit tras ver Os gardiáns da noite... Je. Que cariña lle quedou.

Comentario feito por Pol, o día 10-09-2005 07:56:50h.
Bravo, 'nuff said, man!

Comentario feito por ifrit, o día 10-09-2005 15:03:06h.
O rumor lino aquí http://www.uruloki.org/felipeblog/archives/000693.html#000693
e todo sobre Xuizo Final aquí http://en.wikipedia.org/wiki/Doomsday_(comics)

Comentario feito por Don Vitto, o día 12-09-2005 19:03:44h.
O enlace sobre Xuizo Final éche ben axeitado. Nel podedes atopa-lo motivo polo que xa non me tira a liña do Universo DC en particular, nin as equivalentes americanas.
¡¡Manda truco!! : Krypto-revisionismo, Hypertime, saltos temporais cara Kingdom Come (gloria bendita pintada por Alex Ross), etc. A min que me deixen a Gaiman, a liña Vertigo case toda, 100 Balas, e o resto que vaia raña-lo carallo (Herdeiros dixit [e Pixie] ).

Falando un pouco máis en serio, o certo é que ver xemellantes noxos argumentais publicados doe un pouco. Hai que recoñecer que todo é un negocio, pero a xente que pasa o tempo lendo estas cousas merece un pouquiño máis diso que converte unha banda deseñada nun clásico, e non tanta morralla.

Comentario feito por Diefer, o día 13-09-2005 09:24:57h.
Amen, irmán!

Comentario feito por Don Vitto, o día 13-09-2005 16:18:34h.
¡Amén, logo!



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García