Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

A gran esperanza blanca non ven de Rusia

04-09-2005 01:51:46

Bla bla bla O Ben contra o Mal bla bla bla a luz contra a escuridade bla bla bla os Outros bla bla bla a profecía bla bla esto xa non é o que era bla bla bla pequeno xiro de guión ao final para non contar nada bla bla blablablá blablá bla bla

Os Vixiantes da Noite non colmou as miñas espectativas. Esparaba que pasaran unha das dúas opcións seguintes. Ou que fora unha pequena xoia con detalles para gardar, algunha orixinalidade que a fixera distinta, etc. ou simplemente unha película de acción máis de bos contra malos, cos seus tiros e as súas pelexas, sangue, conversas estúpidas, mozas rusas ensinando cacha, etc. Pero non é nada diso.

Intenta ser algo orixinal pero o único que consegue é facerse lenta, e por momentos moi lenta. Non hai nin un so tiro en toda a película. Cóntasenos máis ben pouco da maioría dos personaxes. Cousas que pasan porque si. Flashbacks e saltos que tolean a un. Cartaces en ruso sen traducir. Todo deixa unha sensación moi estrana.

O que críamos que podía ser un raio de luz no cinema de acción, algo así coma o cinema de terror xaponés ou a ultraviolencia coreana e xaponesa, quedou nun interesante trailer, uns efectos especias ben integrados e pouco máis. Unha vez máis podemos afirmar que a gran esperanza branca non ven de Rusia.

¿Iremos ve-la segunda parte? Pois ca memoria de pez que nos caracteriza e con algo de aburrimento é bastante posíbel que o fagamos. Unha película contada dende o punto de vista dos malos e a resposta a algunha que otra duda pendente.

The Ifrit


Crítica Os Gardiáns da noite Los Guardianes de la noche Night Watch Nochnoj dozor

Categoría: Críticas 6 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Ricard, o día 04-09-2005 05:30:21h.
Pues a mi me ha gustado,aunque me parece un poquito floja ,aunque el final esta bien,esperaremos que la segunda y tercera las mejores...ya que hay un guion que se puede sacar provecho...

Comentario feito por Diefer, o día 04-09-2005 08:05:56h.
Eu fun a vela onte... estrana, é o único que digo, estrana. Para pasar unha tarde aburrida na casa vendoa en DVD, xa que non se perde nada se non se ve no cine.

Eu, co trailer, tamén tiña o meu voto de confianza, algo ó estilo Silent Hill, pero non foi así.

Outra cousa, ningún dos que fomos enterámonos de que úia a cousa. Soamente que a loita entre o ben e o mal prodúcese por que atopáronse nunha ponte... non sei, se os bos son tan bos, ¿non saben que é de boa educación deixar pasa-la xente?

Eche o que hai...

Comentario feito por El Vaugan, o día 04-09-2005 11:12:57h.
Yo iré a verla el miércoles... ya te contaré ;)


Comentario feito por Diefer, o día 04-09-2005 14:30:18h.
O da foto... ¿Non se parece a un hobbit? XD

Comentario feito por Yann Breoc, o día 05-09-2005 09:44:40h.
Pola miña parte tamén foi unha grande decepción.
O único salientable que lle vin foi o xeito de describir a maxia de sangue (semellante ós rituais que facemos na miña rúa :P), pero polo demáis me pareceu moi basada en tópicos vellos e por momentos moi cutre.
Había ben tempo que non me aburría tanto nun cine, coño.

Comentario feito por Uruloki, o día 05-09-2005 12:35:24h.
A min gustoume. Se cadra ten momentos en que se perde o fío da trama, pero volve recuperarse o cabo dun intre. Non creo que estea tan mal como a pintas, pero o fin e o cabo é unha opinión completamente válida e persoal.

Recoméndovos The Descent, terror clásico se tanta carallada dixital que non fai máis que escarallar as películas modernas.

Un saudo!



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009