Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Feliz Blogday 2005 (un día despois)

02-09-2005 00:34:05

Pois si, o Blogday 2005 foi o 31 de setembro pero que conta é a intención. ¿E en qué consiste isto de Blogday? Pois en que cada bitácora nomea a outras cinco bitácoras que poñen en relación ós seus lectores con bitácoras de temática, xeografío ou calquera outra cousa totalmente distinta á propia da bitácora, abrindo así todo un abano de novas posibilidades.

Pero esta bitácora é moi nosa, e de cinema e cousas frikis, así que para non desentoar as bitácoras si terán que ver con esta temática.

    * El blog Ausente (por absence): Verdadeiro templo do sub-cultural. Todo ten cabida nesta bitácora xenial dende as películas de Godzilla, serie b, serie z de aquí e de acolá coma os cómics máis pulp.

    * Videoarena (por Brandelmosca, El Vaugan, Digestivo Rennie, Migrañas Rivok, Perraco, Profesor (C)abronsius e Novia Ensangrentada): Un grupo de amigos moi perros, cun gusto pésimo para o cine (coma todos nós) e moita mala baba nas súas críticas.

    * Viruete.com (por Viruete): Nesta bitácora non só ten cabida o cinema, senon tamén os videoxogos, os xoguetes, as series e moitos outros obxectos que conforman o particular imaxinario de toda unha xeración friki que en breve dominará o mundo (ou non)

    * Días estranhos (por Martin Pawley): O único con bo gusto desta lista e cunha mínima idea de cine. Cinema clásico, de autor, independente, minoritario e dende a súa visión cinéfila.

    *nachovigalondo.com (por Nacho Vigalondo): Director, actor, cantante... en definitiva, un home espectáculo. Os miolos deste home non deixan traballar en sempre está argallando novas e disparatadas ideas. A súa obra culme ata o momento é a revolucionaria triloxía de curtas de ciencia-ficción Código 7. Apiques de rematar outra curta, Choque, e nos primeiros pasos da súa primeira longa, Los Cronocrímenes.

Espero que estas recomendacións amplien as vosas lecturas (ou non) Non deixedes de comparti-las vosas suxerencias nos comentarios.

Categoría: Xeral 6 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por absence, o día 02-09-2005 10:58:09h.
Muchas gracias! Estoy muy bien acompañado!

Comentario feito por Martin Pawley, o día 02-09-2005 11:14:33h.
Moitas grazas pola cita. Calquera día destes fago unha reseña de Ed Wood, de quen acabo de baixar "Glen or Glenda" e o famosísimo "Plan 9" (a outra non sei, pero "Plan 9" pódese baixar legalmente porque caducaron os seus dereitos).

Comentario feito por MI VIDA COMO UN CHINO, o día 02-09-2005 14:44:58h.

Moi boas, Ifrit:

Carallo, de Viruete a Vigalondo... Terei que botarlle unha ollada aos dous primeiros.

Un par de preguntas:

- Lendo outros textos, vexo unha imaxe (manga, aínda que hase de chamar doutra forma) e penso: ¿Ifrit, sabe dalgunha óptima película de manga erótico ou directamente pornográfico? ¿Dalgún cómic? Do melloriño, xa sabe.

- Por certo, ¿de onde vén ou qué significa Ifrit?

Sen máis, ata a próxima, reciba saúdos.

Matías Bruñulf
mividacomounchino.com


Comentario feito por acedre, o día 02-09-2005 16:48:33h.
Benvido, Ifrit.
O meu non e o cinema pero tratarei de aprender.
Saudos.

Comentario feito por acedre, o día 02-09-2005 16:49:27h.
Benvido, Ifrit.
O meu non e o cinema pero tratarei de aprender.
Saudos.

Comentario feito por El Vaugan, o día 03-09-2005 20:11:54h.
Muchas gracias en nombre de todos mis compañeros, y en el mío propio, por tu mención, sobre todo teniendo en cuenta la eminencia de los otros cuatro. De verdad, gracias.

Nos hemos hecho eco de tu post en VideoArenA y, cómo no, te hemos enlazado como te mereces.

Un saludo muy AreniL.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009