Feliz Blogday 2005 (un día despois)
02-09-2005 00:34:05

Pois si, o Blogday 2005 foi o 31 de setembro pero que conta é a intención. ¿E en qué consiste isto de Blogday? Pois en que cada bitácora nomea a outras cinco bitácoras que poñen en relación ós seus lectores con bitácoras de temática, xeografío ou calquera outra cousa totalmente distinta á propia da bitácora, abrindo así todo un abano de novas posibilidades.
Pero esta bitácora é moi nosa, e de cinema e cousas frikis, así que para non desentoar as bitácoras si terán que ver con esta temática.
- * El blog Ausente (por absence): Verdadeiro templo do sub-cultural. Todo ten cabida nesta bitácora xenial dende as películas de Godzilla, serie b, serie z de aquí e de acolá coma os cómics máis pulp.
* Videoarena (por Brandelmosca, El Vaugan, Digestivo Rennie, Migrañas Rivok, Perraco, Profesor (C)abronsius e Novia Ensangrentada): Un grupo de amigos moi perros, cun gusto pésimo para o cine (coma todos nós) e moita mala baba nas súas críticas.
* Viruete.com (por Viruete): Nesta bitácora non só ten cabida o cinema, senon tamén os videoxogos, os xoguetes, as series e moitos outros obxectos que conforman o particular imaxinario de toda unha xeración friki que en breve dominará o mundo (ou non)
* Días estranhos (por Martin Pawley): O único con bo gusto desta lista e cunha mínima idea de cine. Cinema clásico, de autor, independente, minoritario e dende a súa visión cinéfila.
*nachovigalondo.com (por Nacho Vigalondo): Director, actor, cantante... en definitiva, un home espectáculo. Os miolos deste home non deixan traballar en sempre está argallando novas e disparatadas ideas. A súa obra culme ata o momento é a revolucionaria triloxía de curtas de ciencia-ficción Código 7. Apiques de rematar outra curta, Choque, e nos primeiros pasos da súa primeira longa, Los Cronocrímenes.
Espero que estas recomendacións amplien as vosas lecturas (ou non) Non deixedes de comparti-las vosas suxerencias nos comentarios.
Categoría: Xeral 6 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios
Comentario feito por absence, o día 02-09-2005 10:58:09h.
Comentario feito por Martin Pawley, o día 02-09-2005 11:14:33h.
Comentario feito por MI VIDA COMO UN CHINO, o día 02-09-2005 14:44:58h.
Moi boas, Ifrit:
Carallo, de Viruete a Vigalondo... Terei que botarlle unha ollada aos dous primeiros.
Un par de preguntas:
- Lendo outros textos, vexo unha imaxe (manga, aínda que hase de chamar doutra forma) e penso: ¿Ifrit, sabe dalgunha óptima película de manga erótico ou directamente pornográfico? ¿Dalgún cómic? Do melloriño, xa sabe.
- Por certo, ¿de onde vén ou qué significa Ifrit?
Sen máis, ata a próxima, reciba saúdos.
Matías Bruñulf
mividacomounchino.com
Comentario feito por acedre, o día 02-09-2005 16:48:33h.
Comentario feito por acedre, o día 02-09-2005 16:49:27h.
Comentario feito por El Vaugan, o día 03-09-2005 20:11:54h.
Engadir un Comentario




















Feito con