Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Sangue branco sobre fondo negro

13-08-2005 14:29:15

“Agora xa podes berrar...” -Marv (Micky Rourke)



Un escuro local nocturno onde unha chea de babosos bébedos e fracasados observan a unha rapaza loira de dezanove anos bailando no escenario. Un vello con gabardina e cara de amargado, entra e pregunta por Cindy. A camareira sinálalle o escenario. “Alí está, quentando ó persoal”. Este é o lugar no que nun punto do filme se mesturan as historias que se contan neste escuro relato que vai máis aló do cinema negro ou do thriller. Personaxes retorcidos, desesperados, vivindo ó límite e que fan da violencia un xeito de vida (ou o único xeito de sobrevivir) se arrastran pola pantalla deixando cadansúa estraña ou enfermiza sensación no espectador, a faísca de xenialidade tanto do propio personase como do actor que o interpreta. Por que entre tanto intérprete e tanta pequena historia, a protagonista é a cidade.

Estamos ante un filme brillante pola súa audacia, guión, interpretacións e factura, e escuro en todo o demais. Non se atisba un só raio de esperanza que non morra o pouco de nacer. Nin un raio da luz do sol. Non hai lugar para a ledicia nesta cidade maldita.

Estamos ante unha adaptación dunha banda deseñada. E por iso que temos que falar de cómo se resolveu. Para este espectador, que nin é afeccionado a este tipo de literatura, nin tiña lido o orixinal, é difícil de expresar. Creo que o xeito de definilo é que non é soamente unha adaptación. Ë a banda deseñada na pantalla. Un escuro deseño en branco e negro, fotografía como as viñetas, sangue branco sobre fondo negro, é impactante e opresivo.

En cuanto as historias, envólvenos desde un primeiro momento. Son tan diferentes entre sí como similar é o seu fondo. A historia de Marv é unha salvaxe e violenta busca de venganza. A historia de Hartigan persigue outros obxectivos... pero é salvaxe e violenta. Unha violencia presente en cada segundo de metraxe que tanto o público como a crítica norteamericanos non souberon dixerir ben. Non se deron conta de que todo é unha esaxeración, un recurso. A violencia domina o filme, pero non é gratuita. É necesaria. Os personases fan o único que poden facer en cada momento. Non teñen mais saida. Ainda que é absolutamente impredecibel, unha vez remata a historia, un se da conta de que non podería ter rematado doutro xeito. As forzas do destino e da corrupción absoluta do mundo no que se moven son demasiado poderosas.

¿É recomendable? Sen dúbida. Pero non para todo o mundo. Hai algo de enfermidade, de morbosa indiferencia no humor negro que nos ofrecen. Violencia e morte están por todas partes. Ë, nin mais nin menos, unha ollada o lado mais escuro de cada un de nós. Sen piedade.

O Druida



Unha lectura en alta voz do cómic



A Robert Rodriguez sempre lle gustou facer as cousas que a el lle gustan, inda que non lle gusten a ninguén máis. Vendo a súas películas podemos ver claramente que é un friki. Dende a súa triloxía mexicana (O Mariachi, Desperado e O Mexicano, Once Upon a Time in Mexico, no orixinal), pasando por Aberto ata o amencer (escrita nunha servilleta cos seus amigos Quentin Tarantino e George Clooney) que xa leva tres entregas, The Faculty ou Spy Kids; Robert Rodriguez toca tódo-los xéneros que lle gustan: o western misturado coas pelis de chineses, vampiros, alieníxenas invasores, espías con centos de gadgets...

E desta volta Robert Rodriguez adapta como só el podería facer a novela gráfica de Frank Miller Sin City. Pero o que Robert Rodriguez fai non é unha adaptación, senon que é unha lectura en alta voz do cómic. Vemos na pantalla a obra de Miller viñeta a viñeta acompañados dunha voz en off.

Eu non lin ningún os cómics de Sin City e podo dicir que a película deixome francamente impresionado.

Sin City é amores imposibeis, corrupción, oscuridade, suciedade, alianzas e traizóns, pero sobre todo violencia, moita violencia, en tóda-las súas formas.

Xa que a versión de Robert Rodríguez é altamente fidel á novela gráfica de Frank Miller, a película contén tres historias ó máis puro estilo do cine negro de anti-heroes e personaxes acabados e marxinais: un detective da policia comprometido cos seus casos, un delincuente na condicional e no ocaso da súa carreira e que anda á procura de vinganza por amor e un home envolto nunha guerra de intereses e de mulleres.

A colección de actores é de traca o que converte á película nunha coral, pero se teño que elexir quedo con dous: con Mickey Rourke interpreta maxistralmente a Marv, asasino, inocente, despiadado, namorado e bruto coma un arado; e Bruce Willis no papel do Detective Hartigan, íntegro, fidel, moribundo... moi Bruce Willis.

Para min, xunto a Batman Begins, unha das películas do ano. Sangue, violencia, amor, cine negro, violencia, sangue... todo cunha coidadísima posta en escea.

Case me esquezo de dicir que tamén saen na película o bombón da tempada, Jessica Alba, unha dura Rosario Dawson, a fría e mortal Devon Aoki (estame a subir a febre amarela) e Elijah Wood nun papel que come po-los pés a Frodo.

The Ifrit



Galería de imaxes

Le a crítica de Álvaro Pons (La Cárcel de Papel)

Categoría: Críticas 8 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Diefer, o día 14-08-2005 21:20:48h.
Qué che vou a dicir. Noraba polo traballo. A páxina é impresionante. Merécese moito máis. Segue así.

A ver cando vou a ver o filme, jejeje

Comentario feito por ifrit, o día 14-08-2005 21:50:19h.
Gracias, gracias. Non se merecen, gústame facer estas pequenas caralladas :D

Comentario feito por dorfun, o día 20-08-2005 15:35:57h.
Aproveita a ocasión entón, se che gutou a película, de ler as reedicións que Norma sacou da obra de Miller.

En particular, "El duro adios", "La gran masacre" e "Ese cobarde bastardo", os 3 grandes cortos.

...haberá máis... seguro... e a edición especial en dvd... non podo agardar!!!


Comentario feito por ifrit, o día 20-08-2005 15:39:05h.
En Estados Unidos o DVD saíu o 16 de agosto :(

Comentario feito por Giménez Espantos, o día 21-08-2005 04:44:45h.
El otro día estábamos en el Wal Mart y un enano se llevaba el DVD todo ufano. Hay que ver qué avanzados están en este país, aleccionando en la violencia (necesaria) a los niños que apenas levantan un palmo del suelo. Qué grandes, qué grandes!!

Comentario feito por David, o día 26-08-2005 14:05:08h.
Me lo pasé de miedo en el cine con Sin City. Ver trasladado un comic a la pantalla grande de forma tan literal es un experiencia muy extraña.

Un saludo!

David

P.D.: ¿mi vecino?ummm...me pica la curiosidad! :)

Comentario feito por ifrit, o día 26-08-2005 14:30:38h.
Agora eu sei quen es e ti a min non me coñeces. Vixía as túas costas...

Supoño que te saudarei a próxima vez que nos cruzemos no bus :D

Comentario feito por David, o día 26-08-2005 22:35:58h.
jajajaja! :) que mal rollo!no voy a salir tranquilo de casa!

Un saludo!

David



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García