Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Para pasar unha tarde entretida

07-08-2005 00:33:03

As veces, ir ó cine polo pracer de ir ó cine, descúbrense moitas cousas, e as veces (máis ben sempre) películas que non son tan comerciais nin tan "chamativas" resultan un pracer para pasar unha tarde entretida.

Este filme, aínda que estreado fai tempo (2001), non chegou ata agora as miñas mans e teño que dicir que mereceu moito a pena vela.

É un correcto thriller sobre as conspiracións informáticas para poder chegar os primeiros en descubrir e explotar esa tecnoloxía. Unha carreira contra o reloxo onde as mentiras e os asasinatos están á orde do día. Un grupo de programadores e hackers chaman a atención dun gran magnate da informática (Tim Robbins, xenial) e os contrata para que traballen nun software que cambiará o mundo, Synapse, o primeiro sistema de comunicacións globais vía satélite. Todo muda cando se descubre que toda esa tecnoloxía nos se conseguíu por métodos tradicionais.

Hai momentos en que verdaderamente un quédase en tensión, e ás veces sorpréndenos nalgunhas esceas. Unha película moi boa para pasar unha tarde tranquilamente na casa e disfrutar relaxadamente.

"A vida é un 1 ou un 0, ou vives ou morres" Gary Winston (Tim Robbins)

Diefer Casan


Crítica de Conspiración na rede Conspiración en la red

Categoría: Críticas 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios


Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009