Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

A ciencia-ficción como excusa para a acción.

07-08-2005 00:38:14

Como xa tiñamos apreciado en películas como Matrix, Minority Report ou Paycheck, o momento actual aconsella unir ciencia ficción e acción como fórmula do éxito. No caso de A Illa esta teoría chega ós seus límites. Steven Spielberg foi o destinatario orixinal deste guión, e tras rematar de ler, sentiu que o director perfecto era o mestre das superproduccións de acción comerciais Michael Bay.

A medida que avanza o filme, atopamos unha historia coherente, interesante e ben construida. Aínda que un pouco caricaturizada, a trama é verosímil no seu fondo. Isolemos o feito de que é imposíbel manter en secreto a actividade dunha instalación na que ata un técnico de mantemento cun fato de traballo cuberto de graxa está enterado de todos os detalles, ou que a empresa de seguridade encargada de buscar ós protagonistas pode perder incontabeis cantidades de material e homes sen que o xefe se inmute sequera. A historia non trata disto.

Hai un fondo moral sobre a deshumanización do futuro, tema que filmes como Gattaca ou Código 46 na parte seria, ou a risible O Sexto Día na outra banda xa manifestaran. Porque é unha preocupación real. A tecnología avanza, e xa non temos que pensar tanto se poderemos facer as cousas, mais ben se deberemos facelas. A medida que vamos descubrindo que os protagonistas son productos de este tipo de sociedade, e de que probabelmente si fariamos todo por sobrevivir, vamos collendo algo dese fondo que non podemos negar que ten o filme. Un fondo condimentado evidentemente con persecucións, explosións, e os atractivos protagonistas.

Tense dito que sería un moi bo filme se lle tiveran cortado os últimos vinte minutos. Este crítico non podería estar mais de acordo. A ruptura é total. A partir do momento en que os heróis deciden que teñen que rescatar os seus malpocados compañeiros do seu certo destino, observamos unha transformación total dos personaxes, e Dick e Asimov son definitivamente soterrados para deixar paso a Schwarzenegger ou Van Damme. Os inocentes heróis se transforman de ser uns afortunados audaces que ían aprendendo a sobrevivir sobre a marcha en superaxentes capaces de infiltrar e sabotar a poderosa corporación. O implacable asasino a soldo encarnado por Djimon Hounsou se transforma (outra vez) en paladín da liberdade dos oprimidos e os
escravos. É curioso o deste actor. Tanto en Amistad como en Gladiator o seu alegato final contra a esclavitude de cualquer clase encaixa na historia. Nesta Illa é simplemente inverosímil, pero parece a súa marca da casa.

E por suposto, o malo, Sean Bean, o noso querido Boromir, decide arranxa-lo problema el mesmo nun combate corpo a corpo. Onde fracasaron asasinos e mercenarios, o gran xenetista trunfará. Explosións, explosións e máis explosións.

Rematando, sobre A Illa de Michael Bay se pode dicir fundamentalmente que hai moitas películas moito peores. Non é unha mala película de acción. E o título non é nada desafortunado. Seguro que cos rendimentos do filme, a Bay lle da para mercar unha Illa.

O Druida


Crítica de A Illa La Isla The Island

Categoría: Críticas 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios


Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García