Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

A mina de ouro (e 2)

29-07-2005 18:02:22
Aquí temos a actualización dos próximos proxectos nos que traballa Marvel. Non se salva ninguén.

Cinema
    X-Men 3, 26 de maio do 2006 (Fox)
    Ghost Rider, verán do 2006 (Sony)
    The Punisher 2, 2006 (Lions Gate)
    Spider-Man 3, 4 de maio do 2007 (Sony/ Columbia)
    Namor, 2007 (Universal Pictures)
    Iron Man, DSD (New Line Cinema)
    Luke Cage, DSD (Sony/ Columbia)
    Deathlok, DSD (Paramount)
    The Hulk 2, DSD (Universal Pictures)
    Wolverine, DSD (Fox)

Sorprende nesta lista a aparición da película de Deathlok (do que nunca oira falar na miña vida)

Outros proxectos para o cine
Ant-Man, Black Panther, Captain America, Killraven, Nick Fury, Silver
Surfer and Thor. (nada novo)

Películas de animación para video
The Avengers 1, The Avengers 2, Iron Man e Dr. Strange.

Series de animación para a televisión
Fantastic Four (26 capítulos de 30 minutos de duración cada un para o 2006)

Películas de imaxe real para a televisión
Brother Voodoo (¡un superheroe haitiano!)

A mina de ouro

Categoría: Xeral 2 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Diefer, o día 01-08-2005 10:02:40h.
Saúdos! Xa estou de volta dunhas curtas e merecidas vacacións que me souberon a pouco. (Un mes non me chega a nada).

E lamenteblemente teño que dicir que foron unhas vacación pouco frikis. Soamente fun ver Batman Begins de novo, xogar ó Jedi Knight II (e rematalo) e durmir. En fin, qué se lle vai facer...

Comentario feito por Diefer, o día 01-08-2005 10:08:04h.
Pois eu creo que a Marvel estase pasando. Unha cousa é facer películas de superheroes e outra é facer películas por facer. Ou sobran os cartos ou os guionistas non teñen gañas de traballar.

A Marvel véndelle os dereitos a calquera, e cando empezaban a facer boas películas dos superheroes da Marvel (despois das series e telefilmes de Spider-man, Capitan América, O Punisher de Dolph, etc...) volvemos as súas orixes facendo auténticos homicidios coas personaxes.

Unha pena.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García