Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Aishwarya Rai en The Last Legion

28-07-2005 20:16:59
Aishwarya Rai, estrela de Boolywood e beleza india ex-miss Universo, será un dos alicerces na película The Last Legion, xunto a Colin Firth, Ben Kingsley e Thomas Sangster.

A película está ambientada no 470 d.C., en pleno derrube do Imperio Romano. A historia segue a Rómulo Augusto, derradeiro emperador de Roma, que con 12 anos escapa do ataque dos rebeldes embarcando cara Bretaña nunha longa viaxe que ten como obxectivo contactar alí coa súa derradeira lexión.

A película estará dirixida por Doug Lefler (¿estaremos preparados para isto?)e contará ademáis con John Hannah e James Cosmo na súa rodaxe en Túnez a partir do 5 de agosto.

Prepararémonos para ver un novo capítulo de A Historia vista po-los Americanos.

Categoría: Xeral 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios


Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García