Trailers dende o lonxano oriente
26-07-2005 00:27:51
Aquí temos unha presa de trailers chegados dende Xapón e Corea para regalo dos nosos ollos.
Full Metal Alchemist

Mentras as editoriais de España pelexan por ver quen se fai cos dereitos desta serie de gran éxito, en Xapón xa están a piques de estrea-la película de animación.
Para ir abrindo boca aquí temos un trailer de Full Metal Alchemist Shanbara wo Yuku.
A serie conta as aventuras dos dous irmáns Elrich os máis poderosos alquimistas do seu tempo, pero a pesar diso non teñen poder suficiente para desfacer o feitizo que por error converteu ó máis pequeno nunha xigantesca armadura andante. Combates, alquimia, humor e fortes emocións.
Cheungyeon (A pomba azul)

A historia da primeira muller piloto de Corea, Park Kyeong-won. (Ve-lo trailer)
Nana

Nana tamén é un manga esperado e disputado en España, inda que por un público distinto ó anterior, xa que este é shojo.
O trailer corresponde á película de imaxe real que se vai en estrear en breve no Xapón.

Nana é o nome das dúas protagonista que se coñecen nun tren, unha é unha "pija" e a outra é siniestra e cantante dun grupo de rock, pero fan boas migas e comparten os seus problemas amorosos. Amizade, amores e desamores e moita música neste popular manga de Ai Yazawa.
Densha Otoko (O home do tren)

Un friki dos gordos axuda a unha moza que está sendo molestada por un borracho nun tren e queda prendado dela pero non sabe como dicirllo xa que as súas capacidades de interacción social no mundo real son nulas. Por iso recurre ó consello dos demáis frikis e otakus nun foro de internet para mudar de aspecto e conseguir unha cita. Consegueo e ata chegan a casarse.
Esta é un historia real sucedida no Xapón. O día a día quedou inmortalizado no foro (durante dous meses) e máis tarde transcrito nun libro (500.000 exemplares vendidos en dous meses) do que posteriormente se tiraron catro series de manga. E agora chega o turno da adaptación cinematográfica desta historia de amor que enamorou á sociedade nipona en Densa Otoko (ver trailer).

Categoría: Trailers e teasers 2 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios
Comentario feito por juan miguel restrepo, o día 13-09-2005 22:17:36h.
Comentario feito por ifrit, o día 13-09-2005 22:48:48h.
Engadir un Comentario

Feito con