Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Esta crítica pode parecer rara pero non o é tanto

26-07-2005 01:57:57

Sobre The Amityville Horror, ou A Morada do Medo por estes lares, non hai moito que dicir, o que é bo e non tan bo, pero non malo.
A peli é unha das clásicas de hoxe en día do xénero de medo, máis ou menos, o de "clásica" e o de "medo".
A súa producción é case impecable. A ambientación, lograda. Os aspectos técnicos en xeral e a posta en escena. E os actores quedan ben, só hai que ver a Jesse James cando unha moza potente lle pregunta algunhas cousiñas. Cunha canguro coma esa eu quero volver ós doce pero xa.
E a historia, pois real coma a vida mesma, todo moi natural: moscas, sangue, dor e bágoas, entre outras secrecións.

Esta crítica pode parecer rara pero non o é tanto. A verdade é que saín contento do cine. Logo dunha década con productos para adolescentes americanos, unha peli de factura máis atemporal agradécese. Non está ó nivel do terror xaponés máis actual pero tampouco o pretende. A peli é de medo, como di o título en España, non de terror. Os xogadores de Warhammer Fantasy saberán de que falo.
Se queredes ir o cine, non é mala elección nin moito menos.
Hai un momento no que si que te fai saltar, pero o resto é moi “de toda a vida”.
Polo menos a sensación final cando saes pola porta para fóra non é a do Rei Arturo; é máis sinxelo pensar nesta de medo coma real que naquela “recreación histórica” das lendas artúricas como posible.

O que non é tan bo é exactamente o que lle permite ser aceptable: non destaca negativamente en ningún aspecto, polo que é difícil que alguén poida adorar este filme, posto que se mantén na media.

Último comentario, feito por unha amiga que a veu ver canda nós: "a peña en USA nos setenta manexábase nas bibliotecas coma hoxe nos McDonalds" Que efectividade e que eficiencia. E que cura párroco tan temeroso... de todo.

Don Vitto


Crítica A morada do medo La morada del miedo The Amityville Horror

Categoría: Críticas 7 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Laraima, o día 27-07-2005 19:55:18h.
Esta pelicula me interesa bastante, ya que está basada en un hecho real, pero al ser una procucción tan comercial seguro que no se adapta a la historia verídica tan fielmente. Ya me informé sobre los hechos reales, y es espeluznante.

Comentario feito por MI VIDA COMO UN CHINO, o día 28-07-2005 02:20:09h.
Cona, nova bitácora...

Apertas,

Matías Bruñulf


Comentario feito por ifrit, o día 28-07-2005 02:21:39h.
Dicen que eso es lo que más miedo da de la película, que está basada en hechos espeluznantes y reales: http://www.amityvillehorrortruth.com/

Comentario feito por ifrit, o día 28-07-2005 02:24:35h.
Pois si, inda que esta non a fago eu só.

Cona, xa case levamos 6 meses!

Unha aperta, Matías ;)

Comentario feito por Diefer, o día 02-08-2005 09:12:48h.
Teño moitas gañas de ver unha película de medo (ou teror) que fai tempo que non vexo ningunha. Esta, ou a de "La llave del mal" teñen boa pinta.

Aínda que de escoller, preferiría algunha de terror xaponés, que son moito mellores, coma a de "Premonition"

Comentario feito por Imeneo, o día 04-08-2005 00:04:34h.
Esta fin de semana estiven a piques de ir vela, pero optei por outra, "A chave do Mal". Que a ninguén se lle ocorra ir a vela, e mala con ganas.Baixo ese título tan a priori terrorifico, escóndese un suflé, que se desincha nada máis comezar. Baste decir, que durante a sesión fun ao servizo, por primeira vez en moitos anos, mentras estaba a ver unha película.

Comentario feito por Diefer, o día 04-08-2005 10:20:18h.
Graciñas polo aviso. Agradécese que haxa alguén que se sacrifique polos demais e vaia ver unha película para aforrar o tempo e os cartos os demáis.

Últimamente non dispoño de moito tempo, e soamente fastidiaríame ir o cine e sair anoxado ou disgustado porque a película foi malísima.

Polo tanto quédome con Premonition, aínda que non creo que poida ir a vela, jejejeje ;)

Un saúdo.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García