Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

A miopía da masa estúpida

24-07-2005 00:23:56
Hotaru no haka (A tumba dos vagalumes)é un filme dos estudos Ghibli, máis coñecidos por produtos como Porco Rosso, Mononoke Hime (A Princesa Mononoke), Tonari no Totoro (O Meu Veciño Totoro) ou Sen to Chihiro no Kamikakushi (A Viaxe de Chihiro). E por se o estades pensando acertastes de cheo, puxen os títulos orixinais dos filmes porque son xaponés.

O filme é unha adaptación da novela de Nosaka Akiyuki: a terrible historia de Shiraishi Ayano, un rapaz de Kansai que a comezos da II Guerra Mundial ten que se facer cargo da súa irmá máis nova. A partires desta premisa a historia desenvólvese narrando tódalas penurias polas que ten que pasar a parella de irmáns. Coma filme de animación é impecable. Só hai que
Ata aquí todo correcto.

Mais hai algo que non me
cadra. É dicir, dame a impresión de que se non fora unha película de animé máis de un non diría cousas como que “pese a ser de debuxos animados a historia non pode ser máis real”. Se fose unha película de Disney e a historia fose contada desde o outro lado estou seguro de que estariamos máis que de acordo con comentarios como (léase coa voz de Antonio Gasset): “una vez más la factoría Disney nos bombardea con una ración de sensiblería mal disimulada, ni siquiera la bella factura de este producto comercial salva a la colección de tópicos y giros previsibles en los que se convierte el argumento”.

Falando de Disney, esta é a única película deste estudo que a multinacional non distribuiu en Estados Unidos, raro, ¿non si? Pois non tanto: de feito, finalmente se distribuiu xunto coa do Totoro porque non se atreveron a vender semellante bomba lacrimóxena por separado.

Por iso non comprendo cómo é imposíbel ler unha crítica de este filme sen te-la sospeita de que o autor sufre dunha sobredose de almíbar. E que me da a impresión que vin outra película, en serio. Teño a sensación de que mentres eu estaba vendo isto:


O resto da xente vía isto outro:


De tódolos xeitos xa que falan dela coma unha obra mestra teño para todos eles unha boa nova: tódalas fins de semana Antena 3 programa “obras mestras” coma esta despois do telexornal. Para este sábado temos:


Impresionante. Xa imaxino as críticas: “Un thriller apasionante que por crudo no resulta menos real o previsible. Desgarradora crítica de la deshumanización de las relaciones humanas en los principios de este nuevo siglo...”.

Giménez Espantos


Crítica de A tumba dos vagalumes La tumba de las luciernagas Grave of fireflies Tombstone for fireflies Hotaru no haka

Categoría: Críticas 8 Comentario(s) & 33 Referencia(s)





Non é posíbel engadir comentarios a esta entrada.

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García