Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Un deleite para os ollos

22-07-2005 19:34:53

Ghost in the Shell. Innocence é sobre todo un deleite para os ollos. Combinando a máis avanzada animación tradicional coas técnicas 3D de última xeración conseguen que todo estea no seu lugar; edificios, vehículos e outras máquinas cun gran realismo pero perfectamente integrados e uns personaxes cunha expresividade e unha mobilidade abraiantes.

Ghost in the Shell. Innocence é unha historia de ciencia ficción con tóda-las letras, unha reflexión sobre a condición humana e multitude de cuestións sobre os robots e os ciborgs. Ética, filosofía, humanidade, tecnoloxía, todo está incluido nesta incríbel película escrita e dirixida doutra volta por Mamoru Oshii.

A única maneira que temos de ver esta película é descargandoa de internet e en versión orixinal subtitulada. Dado o especial da película eu recomendo tres visionados mínimos. O primeiro para desfrutar da abraiante animación e de tódo-los efectos especiais e babexar a gusto. O segundo para fixarse simplemente nos subtítulos e poder lelos a modo, xa que ás veces pasan moi rápido e noutras ocasións ocupan tres liñas e leva o seu tempo. O terceiro visionado é para intentar entender o que din, porque unha cousa é lelo pero outra ben distinta é entendelo, xa que os temas tratados teñen a súa complicación. Tamén podemos aproveitar este visionado para intentar ver quen é o que di cada cousa.

Innocence ten todo o que fan tan requeridas ás obras de Masamune Shirow: un grafismo espectacular pero sempre ó servizo da historia, unhas personaxes profundas, unhas historias cheas de ciencia ficción, tecnoloxía e sentimentos, e como non acción.

É unha mágoa que estes productos estean apartados dos circuitos comerciais porque debe ser unha autentica gozada poder ver esta película nunha pantalla grande e co seu son envolvente. Unha verdadeira mágoa.

The Ifrit


Crítica Ghost in the Shell. Innocence

Categoría: Críticas 1 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por julio, o día 04-12-2005 23:57:16h.
no es tanto como dicen en ella se ven parte de pelis como blade runner
y otras
es buena pero no tanta



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García