Unha película divertida e entretida
21-07-2005 13:41:38

Os 4 Fantásticos é a película tirada do cómic do mesmo nome. Este é un dos primeiros puntos que temos que ter en conta ó ir ver esta película. O cómic dos 4 Fantásticos foi un gran éxito nos anos 60 do século pasado e conta as aventuras de catro persoas que teñen estranos poderes despois de sufrir un accidente. Con este argumento ninguén pode ir ve-la película agardando ver un drama coreano ou unha película social irlandesa.
Afirmacións como "¡Esta película é unha pantasmada!" ou "¡É unha americanada!" están totalmente fóra de lugar. Señores, a película está tirada dun cómic sobre un grupo de superheroes chamados Os 4 Fantásticos e son americanos, non serbo-croatas.
A película recolle eficazmente tódo-los ingredientes básicos do cómic: a peculiar relación entre os membros do grupo e as súas peculires personalidades, a relación dos superheroes cos seus poderes e as súas distintas formas de usalos. E todo esto dentro dunha historia sinxela, como é propio dos primeiros cómics de superheroes.
Os efectos especiais cumplen, os actores tamén, os decorados, a ambientación, a dirección, a fotografía... todo en orde.
Eu só lle poño dous "peros", pero que son moi persoais. O primeiro é que pase que troque a orixe do Doutor Morte, pero de ahí a que teña poderes... Recordade que o Doutor Morte non ten superpoder algún e que tóda-las súas amezas veñen da súa gran intelixencia e maldade e dos seus inventos, como a súa armadura.
E a outra é que creo que Ben nunca faría o que fixo na película, que non o conto que a desmonto. Inda que é verdade que xa o fixo nalgunha ocasión moi puntual nalgún cómic perdido por ahí.
Facer unha película tirada dun cómic é unha cousa moi difícil, porque se non chegaba con atura-los actores e actrices, ós dos efectos especiais, os de Marvel ou DC, ós do sindicato de camioneiros, etc. inda por riba hai milleiros de fans cada un ca súa propia visión particular.
Os 4 Fantásticos recolle fidelmente o espírito do cómic e consegue unha película divertida e entretida.
Ó mellor é meterlles un pouco de presa, pero na seguinte queremos que aparezan Franklin Richards e Galactus.
The Ifrit
Jessica Alba

Non digo máis.
Diefer Casan
Crítica Os 4 Fantásticos Los Cuatro Fantásticos Fantastic Four
Categoría: Críticas 9 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios
Comentario feito por VeNu, o día 10-08-2005 02:46:52h.
Comentario feito por ifrit, o día 10-08-2005 12:30:03h.
VeNu, non sei cantos cómics dos 4F lerías, pero e que non teñen moito máis... Non son nin de Neil Gaiman nin de Frank Miller...
Quitandon algún efecto supercutroso (coma o de Mr. Fantástico conxelado con spray de neve para Beléns...) creo que a película cumpre o seu cometido como adaptación do cómic, pasar un ratao divertido e facer diñeiro (e ti xa contribuiches a esta última ;) ¿Publicidade enganosa? Non creo, dan o que prometen, nin máis nin menos :)

Comentario feito por ifrit, o día 10-08-2005 12:31:25h.
Comentario feito por Giménez Espantos, o día 12-08-2005 03:39:24h.
Yo no la he visto, pero seguro que es una putísima mierda :P
Por cierto, tengo pensado empezar a mandaros críticas de películas que vaya viendo por aquí. Más os vale meteros ese cartel de 'Stand By' por el culo y ponerlas como Hayek manda.
Joder, estoy viendo la teletienda y ofrecen un pack para gordos consistente en una mesa para comer en el sillón y organizador de mandos a distancia. Este país es acojonante, menuda colección de gordos (pero GORDOS GORDOS) tienen. Ya escribiré en el blog sobre eso.

Comentario feito por ifrit, o día 12-08-2005 11:28:13h.
Comentario feito por Galaktussss, o día 21-11-2005 00:43:40h.
Comentario feito por ifrit, o día 21-11-2005 02:31:04h.
Comentario feito por Gimenez Espantos, o día 26-11-2005 08:56:06h.
Comentario feito por ifrit, o día 26-11-2005 17:21:08h.
Engadir un Comentario

Feito con