Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

I'll Always Know What You Did Last Summer

18-07-2005 01:30:44
Outra das palabras de moda na noutrora coñecida como "factoría dos soños" é "franquicia". Un título, unha marca, da que sacar diñeiro facendo películas e outros materiais coma churros.

Esta é a idea da que nace I'll Always Know What You Did Last Summer (Sempre saberei o que fixéchedes o último verán) a segunda secuela da franquicia iniciada con Inda sei o que fixéchedes o último verán.

Esta terceira entrega non terá nada que ver coas dúas anteriores, interpretadas por Jennifer Love Hewitt, e a historia empezará de novo cun novo grupo de catro adolescentes que comezarán a ser perseguidos un ano despois de que un 4 de xullo eles mesmos mataran a un amigo seu. É case como se fora un remake máis que unha secuela.

Categoría: Xeral 1 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Pol, o día 19-07-2005 12:38:05h.
[doble bostezo]



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009