Cartace e trailer teaser de Saw 2
18-07-2005 03:10:39

Inda non vimo-la primeira. E a verdade é que tampouco lle teño moitas ganas, pero si está nunha longa lista de pendentes, así que un día destos haberá crítica.
A segunda parte leva o mesmo camiño que a primeira e así se pode ver no teaser trailer na súa páxina web.
Mentras investiga o sanguento rastro dun asasino, o Detective Eric Mason (Donnie Wahlberg) cre que é obra de Jigsaw, o famoso asasino que desapareceu deixando un regueiro de corpos - e anacos - detrás del. E Mason está no certo. Jisgsaw está traballando de novo. Pero en troques de dúas persoas fechadas nunha habitación cunha soa saida posíbel, hai oito. Oito estranos - non coñecen as conexións que os unen uns ós outros -- obrigados a xogar un xogo que porá a proba o seu inxenio e en grave risco as súas vidas.
Categoría: Trailers e teasers 0 Comentario(s) & 1 Referencia(s)
Referencias




















Feito con
Personaliza o teu avatar en gravatar.com
Non perdas de vista os teus comentarios con coComment
Utiliza código HTML para dar formato ó teu comentario
Non poñas máis dunha ligazón no teu comentario ou non aparecerá (sistema anti-spam)