Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Catro viláns en Spiderman 3

13-07-2005 02:07:56
Os rumores ó redor das identidades dos viláns de Spiderman 3 non deixan de bulir. Dous dos actores que farán estes papeis xa están fixos: Thomas Haden Church e Topher Grace, pero inda non se sabe quen será cada un.

Os rumores que collen máis forza son os do Duende (a secas, non o Duende Verde), o Home de Area, o Boitre e Venom.

Como apunta Matt Norris en Cinema Blend será difícil meter a tanto malo nunha sóa película. Esta é a súa aportación ó posíbel guión da película:

O Voitre (un velliño disfrazado de voitre. Patético) será un rival menor que Spiderman derrotará nos primeiros minutos para dar un comezo de acción á película.
O vilán principal do filme sería o Duende, para así remata-lo arco argumental de Osborne e así o deixaron bastante claro no final da segunda. E o Home de Area sería un matón máis do Duende.
Para remata-lo póker de viláns aparecería cara o final Venom, dando pé a unha cuarta película.
Se non existise esta cuarta película tanto vilán nunha sóa película sería a cuadratura do círculo.

Segundo as quinielas do Norris, Thomas Haden Church sería o Home de Area, Topher Grace Venom e James Franco o Duende.

Teremos que agardar alomenos ata o 4 de maio do 2007 para resolver tódo-los enigmas.

Categoría: Rumores 10 Comentario(s) & 1 Referencia(s)



Referencias
Fixo unha Referencia CINEMA FRIKI o día 2005-07-26 02:24:18h.
[...] Catro viláns en Spiderman 3 Categoría: Rumores 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s) Referencias http://cinemafriki.bitacoras.com/archivos/2005/07/26/outro_posibel [...]



Comentarios
Comentario feito por Diefer, o día 14-07-2005 08:58:31h.
Esta película, coma a de X-3, parece que ninguén ten gañas de facela. Danlle tantas voltas cos actores, protagonistas, guións que non se dan aclarado.

Se é certo este amago de guón, aínda parece aceptabel, per son demasiados malos. Tanto o Voitre coma o Home de Area son malos carismáticos de Spider-man, de toa a vida, pero siguen sendo malos de baixa categoría. É coma se en Batman puxeran de protagonista ó Sombrereiro Tolo ou ó Ventrículo. Son malos de toda a vida, pero non son moi resoltos para a grnde pantalla.

Eu creo que en Spider-man deixaron moi aberto o de Venom, ó meter o fillo de Jameson, que foi o que trouxo ó simbionte. Incruso quedaría ben un Spider-man co traxe negro e cunha mala h***** dando caña ata que por amor a M.J. dase conta de que está actuando mal é o abandona. E se queren, como quedou na segunda, que sexa o Duende quen roube o alieníxena e que se lle escape das mans.


Jejejejeje, canto lle dou á cabeza, pero vese que cun pouco de idea (e sentido común) pode facerse un guión sen inventarse cousas imposibels nin estropeando o xa feito.

Unha apreta.

Comentario feito por Pol, o día 14-07-2005 11:50:51h.
Es IMPOSIBLE que Topher Grace sea Venom. O le hacen un transplante de cuerpo o no sé cómo querrán hacerlo pasar por Eddie Brock. Por cierto, Vulture (Buitre/Voitre) es un anciano disfrazado de buitre, así que no creo que por ahí vayan muy desencaminados.

De todas formas no haría mucho caso a estas quinielas porque no pasan de ser pajas mentales de los fans. Ahora mismo entrar en cualquier foro de Spideman es encontrarse con una batalla campal entre fanáticos pro-Venom y anti-Venom, de hecho algunos incluso llegan a hacer guiones de cómo le gustaría que fuera la película...

Comentario feito por ifrit, o día 14-07-2005 12:03:08h.
Xa sabemos todos que o Voitre é un vello disfrazado de voitre, e por iso o autor do artigo di que é patético, coma vilán e coma todo.

O que é fixo desta noticia son os nomes dos actores pero non os papeis que farán. O nome dos viláns é un rumor con certa forza. O resto si que é pura especulación cinematográfica, pero non dun fan, senon dun opinador calquera.

Comentario feito por Giménez Espantos, o día 15-07-2005 00:03:46h.
Pues como opinador profesional les digo que todos ustedes son unos parásitos. Y dejen de escribir en su dialecto separatista, joder, que así no hay quien critique a gusto.

Comentario feito por Pol, o día 15-07-2005 00:12:05h.
Hala, sí, una aspirina y a dormirla, ¿eh?

Por cierto, parece ser que Topher Grace se ha teñido de rubio para el rodaje de la película. Pues nada más saberse esta "noticia" los rumores se han disparado en los foros y las apuestas sobre qué personaje de cómic encarnará el actor también. Las principales son Eddie Brock (Venom), que yo descartaría, Ned Leeds (Hobgoblin)... y Ben Reilly!, aunque creo que incluir este último personaje sería hilar demasiado fino...

Comentario feito por ifrit, o día 15-07-2005 02:25:32h.
Para os que non o saiban (e sexan tan vagos de non mirar no Google) Ben Reilly foi un clon de Peter Parker... que claramente fallou comezando porque é loiro... inda que conservaba recordos de Peter Parker...

O dito, é liar moito a cousa... Nos cómics Ben Reilly morre nun enfrontamento oc Duende Verde, que nas películas xa está morto... Máis sobre esta personaxe en http://www.samruby.com/Spiderverse/BenReilly/benre...

De loiro pode ser calquera, recordemos que o respecto po-los orixinais impórtalles ben pouco (Kingpin negro, o Motorista Pantasma moreno, etc, etc.)

E coidado ca esquizofrenia...

Comentario feito por Diefer, o día 15-07-2005 08:53:11h.
Flipaaaante!!!! :O

Comentario feito por Yann Breoc, o día 22-07-2005 11:01:53h.
Pois sí. Pola miña parte Venon é o suficientemente importante e imprescindibel como para ser o malo principal da peli.
P.D. Pol, encántame o teu Avatar.

Comentario feito por ifrit, o día 22-07-2005 13:55:23h.
Por fin volven a funcionar os avatares. Parece ser que o servidor de Gravatar.com estivo caido un par de días...

Comentario feito por elias, o día 28-04-2006 15:39:00h.
spider



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009