Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Unha boa película marciano-apocalíptica

05-07-2005 01:10:07

O primeiro no que un se debe fixar antes de acudir a ver este filme é que se trata dunha nova producción feita por Steven Spielberg contando con Tom Cruise como protagonista. E que implica normalmente isto? Pois fundamentalmente tres feitos: que Cruise saia en todos os planos da peli; que na película haxa rapaces en abundancia; e que a última media hora sexa intranscendente e completamente prescindíbel.

É un alivio ver que só se cumpren as dúas primeiras constantes neste caso.

Á marxe disto, o certo é que se trata dun producto impecábel. É unha adaptación moi fiel da novela de H. G. Wells (aínda que no tempo actual), na que sobre todo compre destacar o ben tratado que está a descrición do carácter e do comportamento humano en momentos de crises absolutas. Ata aquí a película se salva con nota.

O problema que se lle pode achacar é que , a pesares de ser unha moi boa adaptación dun clásico da ciencia ficción, nun universo cinematográfico no que as pantallas xa foron invadidas unha e outra vez por marcianos, ultracorpos, superguerreiros, polbos intergalácticos e homes verdes de orellas puntiagudas, esta idea non é novidosa. Resulta agradábel ver un bo filme marciano-apocalíptico de cando en cando, pero dende logo non aporta nada novo.

P.D. A ningún americano se lle ocorrerá pensar logo de ver esta película que os irakies se deben sentir igual ca eles logo ser invadidos polos extraterrestres?

Yann Breoc



Le a crítica de Cels PiñolCrítica A Guerra dos Mundos La de los War of Worlds

Categoría: Críticas 9 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por ifrit, o día 05-07-2005 02:06:00h.
Estou de acordo contigo en case todo, así que paso de escribir outra crítica ;)

Só remarcar a grande actuación da nena (Dakota Fanning) e outra xenial obra mestra de John Willians.

E por certo, no meu final habería dous mortos máis.

Comentario feito por Diefer, o día 05-07-2005 09:03:52h.
Bueno... se insistides tanto ireina a ver, jejeje ;)

Pero sigo dicindo que Spielberg equivocouse en facela promoción. Está moi ben iso de querer ocultar os marcianiños, pero iso conleva a unha sobresaturación de Cruise, que a mín cansoume moito, e iso que o actor non é dos que peor me caen. (No Último Samurai" gustoume moito, debeu ser porque o prota, ademáis, o mellor que o fai, é Ken Watanabe, jejeje)

Un saudo.

Comentario feito por Uruloki, o día 08-07-2005 18:44:47h.
A peli bastante boa. En todo momento entretida aínda que creo que a parte de Tim Robbins non me chegou a completar, pode ser que realmente me sentira incómodo! Agora que o penso, pode ser que non me aburrira de todo, máis ben paseino mal neses momentos, transmite a incomodidade da situación e a tolemia total do personaxe de Robbins.

O demáis xenial, boa musica, bo ritmo e fabulosos Trípodes!

Comentario feito por Pol, o día 09-07-2005 16:24:05h.
No sé dónde he leído que acabas de ver la película y te sientes con ganas de matar a Cruise, al que hace de hijo y sobre todo a la cría que no deja de gritar durante toda la película.

Es curioso, pero es la sensación que tuve cuando vi el tráiler...

Comentario feito por Pol, o día 09-07-2005 19:37:56h.
Por cierto, ya tengo avatar :D

Comentario feito por ifrit, o día 10-07-2005 21:34:11h.
Coida que reflexa perfectamente o teu mundo interior.

Comentario feito por Diefer, o día 11-07-2005 09:16:17h.
Pois xa fun a ve-la película.

Ummm! Imos a ver. A película está relamente ben feita. Os efectos especiais son incribles e, aínda que espectaculares, non sobran en ningún momento. Unha fotografía sublime e a toma da furgoneta na autopista é I-M-P-R-E-S-I-O-N-A-N-T-E. Eu creo que é todo dixital, se non, non imaxino como sería posible grabar esa escea.

Pero estamos no de sempre. Sobresaturación de Cruise. O fillo é un malote ó que lle viñan ben un bo par de hostias para que espabilara, creo que contei máis dunha docea de planos onde aparece unha bandeira americana, hai un impulso electromagnético e hai cámaras de fotos e de vídeo que funcionan, os americanos son uns curiosos, aparécelles un trípode xigante e achéganse todos a ver que ocorre, o mesmo que no final.

Pois iso, unha boa película para ver unha tarde cando se está aburrido e pasar un bo rato sen usar moito o cerebro, sempre e cando non se teña problema en aguantar infinitos planos de Tom Cruise.

Comentario feito por Pol, o día 11-07-2005 13:04:01h.
Ya sé que os va a dar igual, pero a Mike y los demás les pareció un mierdón de película xD

Comentario feito por ifrit, o día 11-07-2005 16:39:27h.
Deben estar fartos de que lles aparezan os extraterrestres na casa sempre a eles XD



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García