Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

O noso crítico na preestrea de Batman Begins

17-06-2005 21:16:52


Un home identifícase polos seus actos. (Batman en Batman Begins)



Como corresponsal de Cinema Friki, tiven a sorte de ser un dos afortunados de ir a preestrea de Batman Begins e poder disfrutar dela antes que moita xente. E digo disfrutar porque disfrutei. Foi unha das poucas películas que podo dicir que o pasei ben, coma un neno, despois de sair do cine de ver A máscara do Zorro, e cunha película moi fiel ás súas orixes.

Aínda que houbo xente que dixo que non chegou á altura das película de Tim Burton, eu creo que esta vai máis alá, que é infinitamente máis exacta e cun desenlace que sorprenderá a moitos coma fixo comigo. Soamente retocaría un par de detalles para os puristas extremos (e non fanáticos) e convertiríase na adaptación dun comic mellor lograda ata agora (deixou o listón ben alto). Non se poder negar que o argumento é moi comiqueiro.

Christian Bale, Katie Holmes, Liam Neeson, Michael Caine, Gary Oldman, Morgan Freeman, Ken Watanabe, Rutger Hauer, mires onde mires na grande pantalla ves un actorazo, e iso nótase. Crea unhas personases cribles, xenialmente caracterizadas, que dan vida e acción a toda a película e cres que ese é Batman, Alfred, Lucius, Gordon, O Espantallo e un non tan ben Bruce Wayne. Todo un luxo. Nalgún momento, mentres a vía, parecíame que estaba mirando a viñeta dun cómic.

Gotham é máis real. A cidade de Tim Burton era estupenda, moi gótica e escura, como é a zona vella de Gotham. Esta é coma se existira de verdade. Non perde ese ton escuro, pero acábaste crendo de que pode haber unha cidade corrompida polo crime e a inxustiza. Os efectos visuais non sobran. Realmente ben feitos e non esaxerados. Non é como estas películas de superheroes que toda é un constante efecto especial (como vaise a ver nos 4 Fantásticos) senon que nesta están moi ben disimulados e podes ver a un Batman que é carne e óso, que recibe golpes é que parece constantemente anoxado.

Os guiños é o que realmente disfrutará o fan. Pequenos detalles no que se ve a capacidade friki de cada un e poder dicir: “¡Ei! Iso lino no cómic”. Pola contra, tamén hai algunhas cousas nas que se pode ver que iso non era así. Pero no contexto da película acaban pasando desapercibidas. Pero o que realmente vai facer disfrutar ó fan vai ser o final, o desenlace, pero iso tedes que velo vós.

En resumo, creo que non defraudará a ninguén, nin sequera ó fan máis extremista (sempre que teña un pouco de sentido común), e é unhas destas películas que podes ver unha e outra vez descubrindo cousas novas e volvendo a nosa infancia. Vale moito a pena. E iso preocúpame. Que tan ben feita que está, que fagan unha segunda e esnaquicen todo o feito por agora (aínda que teño ganas de ver a Batcova rematada, ou ver facer a Batman un pouco máis de detective). Pero iso xa se verá, e aínda falta moito. Ata o momento, haberá que ir a ver outra vez ó Señor da Noite e colle-los cómics e empezalos a ler dende o principio.

E nada máis, volvérmonos a ver nos mesmos Bat-comentarios e na mesma Bat-bitácora.

P.D.: Se noutra entrega volve a sair Ras Al´Ghul, a ver se pode aparecer a súa filla (Taliaaaaa...)

Diefer Casan


Crítica de Batman Begins

O renacemento do Señor da Noite.



Poucas veces acontece que unha película que espertara tantas expectativas como Batman Begins responda tan magníficamente a todas elas. Sempre que un mito é reditado para o cinema sentimos unha mestura de medo e expectación. Expectación porque é sempre unha grande experiencia volver a disfrutar dos heroes de sempre no cinema, pero sempre algo de medo, pois é tan frecuante que atrás dunha esplendida promoción se agoche unha película decepcionante...

Pero isto non acontece en Batman Begins. Desde o primeiro momento o espectador intúe que non vai sair defraudado. O ambiente e a música que van gobernar o resto da metraxe envólveno e fanlle esquecer rápidamente a posibilidade que o filme teña cualquer parecido cos dirixidos por Joel Schumacher. Desde a construcción máis contemporánea de Gotham City ata o feliz descubrimento de que cada un dos ultrafamosos membros do reparto encaixan a perfección nas súas personaxes, a sensación de satisfacción se acrecenta a medida que pasan os minutos.

¿Que diferencia este Batman daquel que hai preto de 20 anos nos ofreceu Tim Burton? Nada, todo. O filme de Burton estaba plagado de gótica escuridade, gárgolas, decadencia, personaxes esaxerados e un pequeno toque daquel surrealismo. O filme de Nolan... é escuro, sí, pero non gótico. Non temos surrealismo, senón personaxes claramente impulsados polas súas conviccións, de xeito que soamente Batman é ambiguo. O demáis é o escenario no que el se move. Só hai dous tipos de policías: os entregados á corrupción ou os puros de corazón; os viláns buscan a destrucción sen paliativos, sen escuros traumas ou razóns xustificables.

E o punto central da película é o medo. A idea do medo como arma de Batman que o utilizará para convertirse nunha lenda. O medo do propio Bruce Wayne ós morcegos tradúcese na elección da súa imaxe, do seu símbolo. A propia arma que os viláns utilizarán para levar a cabo os seus plans baseáse no medo. É moi acertada a elección do fío conductor cando do que se trata é de amosar como comeza Batman.

Pódense dicir moitas máis cousas. Moreas de detalles como o novo concept car elexido como Batmóbil, sen dúbida máis adaptado ós nosos tempos, a esplédida caracterización de Alfred, o criado (Michael Caine está perfecto no papel). Mesmo a relación que Bruce ten coa rapaza que lle toca neste filme resulta ser agradablemente atípica, e aporta profundidade á personaxe onde normalmente as relacións amorosas se lla restan.

Resumindo, estamos ante unha das películas mais satisfactorias dos últimos tempos para o aficionado medio ó cinema friki. Non defrauda, entusiasma. É intelixente, envolvente, con moita acción e pouca coreografía. Obviamente recomendable.

Agardo con impaciencia os comentarios que aqueles aficionados ó cómic seguidores do Señor da Noite teñan que facer. Porque cuando se adapta para o cinema un dous teus personaxes preferidos, sempre é importante ter en conta como se reflicte o espírito do heroe... pero para aquel que non ten os cómics de DC na súa estantería, a crítica non pode ser menos que moi positiva.

O druida



Bat-fanatismo

Ocorreu ó saíres do cine.

- ¿Gustóuvo-la película?- preguntounos cun xesto de escepticismo.
- Sí, moito ¿A ti non?
- Non, para nada. Non é a imaxe que teño de Batman, non é unha adaptación completamente fidel.

Ata entón preguntábame canto tardarían os fanáticos do cómic en dicir algo e descubro que non pasaran nin 5 minutos para escoitar a primeira crítica.



E é que esta lexión de moinantes agóchase ate o momento adecuado, matinando nos erros que imperdoablemente cometerá o incompetente do director de turno tendo por seguro que escribirán o seu nome con tinta indeleble na súa lista negra.

Ser director en Hollywood non debe ser nada fácil. Non só por ter que pelexarse coas estrelas do reparto, e en Batman Begins hai moitas, e contentar ó público senón por evitar que os productores fagan demasiados cambios no filme. Por exemplo, sábese que este mesmo proxecto estivo parado porque o estudo Warner quería facer algúns trocos significativos: Alfred non sería un correcto mordomo inglés cun punto de descaro, senón un afable mecánico afroamericano chamado Big Al, mentres o batmóbil sería un Lincoln Towncar tuneado e Bruce Wayne non sería un multimillonario senón un vagabundo.

Outro exemplo: a finais dos 90 estábase a preparar unha nova película de Superman co título de Superman Lives! O director ía ser Tim Burton cun guión escrito por Kevin Smith, unha combinación do máis apetecible. O productor Jon Peters descartou o proxecto porque estimaba que era mellor que Superman non voase, non levara o seu traxe e loitase cunha araña xigante ó final da película. Delirante, ¿non si? Pois Peters produxo en 1999 Wild Wild West, onde os protagonistas curiosamente son atacados por unha araña tan grande coma un edificio.

Xente coma Jon Peters existe, e o peor é que moitas veces ocupan cargos de responsabilidade e as consecuencias non son sempre tan inocuas como que se faga unha merda de película. Nolan fixo un traballo excelente con Batman Begins A PESAR de xente coma esta e iso se lle debe recoñecer. Ou en palabras de Jonathan Swift: "Cando aparece un xenio no mundo podédelo recoñecer por este signo, tódolos necios ó seu redor se conxuran contra él".

Giménez Espantos


Categoría: Críticas 11 Comentario(s) & 1 Referencia(s)



Referencias
Fixo unha Referencia Que buscas QUÉ! o día 2005-08-07 18:37:01h.
Yo busco sandalias de película de Pajares....



Comentarios
Comentario feito por Diefer Casan, o día 19-06-2005 15:02:25h.
Graciñas, ifrit. Síntome realizado, jejeje...

Fdo. Un Gothamita ;)

Comentario feito por ifrit, o día 21-06-2005 00:07:04h.
Pois si, parece que por unha vez a crítica é unánime ;)
A min tamén me gustou moito. O punto de realismo desta entrega recordoume moito ó Batman de Kia Asamiya, sobre todo o Bruce Wayne de Bale. Case que desexo que non fagan máis para no estraga-lo... pero va a ser que no...

Un par de cousas:
*A maioria dos efectos especias de Fantastic 4 están feitos con técnicas das de antes.
*Nesta ligazón podedes ve-los guións de Superman Live! comentados.

Por último recordar ós autores da banda sonora: James Newton Howard e Hans Zimmer, dous vellos coñecidos que fixeron unha partitura á altura do filme.

Comentario feito por cynthia l . r., o día 03-07-2005 21:14:26h.
estuvo grandiosa mejor q las de antes

Comentario feito por Diefer, o día 07-07-2005 09:00:49h.
Eu creo que parte do éxito desta película é parte de que é crible. É un Batman de caren e oso no que o mallan, ten medo e ata lle prenden lume.

Michael Keaton faino ben, pero non o seu Bruce Wayne non é distinto o seu Batman, nin ten o físico de levar 20 anos entrenando sen parar, e Christian Bale está mazas.

Pero aínda oio por ahí os puristas que todavía non lle convence moito esta versión. En fin, para gustos... hai Batman´s ;)

Comentario feito por Xan Pol Valei, o día 09-07-2005 19:32:14h.
Hai moitos Batmans. Cada bat-aficionado ó comic ten no seu mundo un Batman ideal. Dende que Bill Finger e Bob Kane inventaran ó cabaleiro nocturno houbo moitísimas versións da personaxe. É de comprender que moitos prefiran un Batman oscuro e quizais haxa outros que prefiran ó Batman da serie de TV e inclusive algún (co risco da "excomunión friki") o seu ideal sexa ó de "chumaker". Claro que é unha pena que se malgasten unha chea de cartos en facer bodrios, pero moitas veces non se pode ser tan purista e criticar cegamente un producto por non ser o noso perfecto ideal. A min gustoime moito Batman Begins, creo que é bastante fiel ó comic, e creo tamén que é unha pelicula que debería deixar contentos a tódolos afecionados despois de haber agardado tanto tempo por unha película de Batman que se poidéra ver. Poñíanseme os dentes largos ó ver os comiqueros de Marvel pasalo pipa cas versións de cine dos seus heroes (Ollo! que a min tamén me gustan) pero eu queria o meu Batman.

Comentario feito por Diefer, o día 11-07-2005 09:25:36h.
Eu xa disen noutro comentario que as pelis de Joel non eran malas, bueno, que sí, pero hai qie velas con outros ollos. O Dous Caras de Tommy Lee Jones encantoume, a americana de Enigma é sublime, o albornoz e as pantuflas de Mr. Frío xa me gustaría a min telas,... Creo que é coma se fora un capítulo do Batman de Adam West e Burt Ward pero con presuposto, xa que o guión e os diálogos son exactamentes os mesmos. CHASE MERIDIAN: "E agora gústame a goma negra"

BATMAN: "Prova cun bombeiro, ten menos roupa".

;)

Bat-apretas.

Comentario feito por Diefer, o día 15-07-2005 09:05:42h.
Ramin Djawadi, James Newton
Howard, Hans Zimmer, Mel Wesson. ¿Sóanche estes compositores? Pois todos estes fixeron a O.S.T. de "Batman Begins". Jonh Williams encargouse da de "A Guerra dos Mundos".

¡Era broma! A miñas congratulations pola túa entrevista. Estiveches de morte e encantoume as túas alusións a certos individuos/as. (Pero coma fan de Star Wars no te perdoo que dixeras que "O Retorno do Jedi" era o Episodio V) ;) jejeje

Todo, todo estivo xenial, e foi un gran paso. Poucos poden presumir de sair nunha televisión, aínda que sexa local, polo traballo propio dun. Non tiveches que deitarte cunha famosa ou ir a "Gran Irmán" para sair na tele, se non, polo teu esforzo.

Nunca abandoes o que fixeches, que a moita xente faille ilusión, e aínda que a falta de tempo é importante, xa haberá outras maneiras.

Pois iso, que eres grande e Cinema Friki contigo. ¿Recordas isto?

"Cando acabe o exame (ou exame remate comigo) imos facer un weblog con
todo-los teus achádegos ;) Chamaríase algo así como Cinema friki :D"


Unha apreta moi forte.

Comentario feito por Angela, o día 15-07-2005 12:00:29h.
O erro é xustificado deronlle unha cervexa pero nada de comer e perdeu a concentración. Ainda asi estiveches xenial FELICIDADES!

Comentario feito por ifrit, o día 15-07-2005 17:39:08h.
Agora mesmo estou de xeonllos sobre area con cristais e cos brazos en cruz ca metade da colección de Akira en cada brazo, en breve redactarei unha nota de disculpa.

La chevecha se me chube a la cabecha....

Comentario feito por Diefer, o día 19-07-2005 08:53:22h.
XDDDDDDDDD

Comentario feito por bmsa20006, o día 29-04-2007 19:18:14h.
aflambatman



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García