Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Baixas en X-men 3

15-06-2005 00:15:16
Matthew Vaughn, o que ía se-lo director de X-men 3, báixase do carro sen dar moitas explicacións. Os candidatos que máis soan: Joss Whedon, John Moore e Brett Ratner (Xa non é un rumor, Brett Ratner é o novo director de X-men 3)
A película retrasarase ata verán do 2006.

Para que o ánimo non decaera o presidente de Marvel, Avi Arad, deu algunhas pistas alarmantes sobre a película: tres personaxes principais morren para sempre, unha mutante perde os poderes para sempre e algo gordo pasa cando alguén descubre a alguén follandon con alguén...
E todos diredes: "¿¡Pero estas cousas non pasan nos cómics, nin siquera na serie animada!?"

Seguiremos agardando que sorpresas nos depara esta película.

Categoría: Rumores 5 Comentario(s) & 1 Referencia(s)



Referencias
Fixo unha Referencia CINEMA FRIKI o día 2005-06-16 17:57:19h.
[...] das novas que falaban de estranos guións e o xa oficial troco de director. A algún lle parecerá o cartace dunha posíbel película de Lobeto, pero é que sen dúbida é un dos mutantes con máis personalidade e que volverá a ter gran relevanci [...]



Comentarios
Comentario feito por Giménez Espantos, o día 15-06-2005 12:56:06h.
Dos apuntes: Brett Ratner ya ha sido confirmado como el próximo director, y Avi Arad no es el dueño de Marvel, sino su presidente (CEO) y por tanto productor ejecutivo de todas las películas de la franquicia.

Comentario feito por ifrit, o día 15-06-2005 14:58:01h.
Si señor, así me gusta. Información actualizada ó momento ;)

Comentario feito por Diefer Casan, o día 16-06-2005 09:32:10h.
Despois, quenes pagamos todas estas tonterías somos nós, o público e os fans. Tarda en facerse a película, saen guións estúpidos e os actores deixan os proxectos.

A cuestión non é facer cartos, señores, é de facer boas películas, e xa que se aforran guionistas adaptando comics (onde xa teñen todo feito) polo menos que o fagan ben e se deixen de historias.

Que isto non é serio, ¡jolín!

Comentario feito por Diefer Casan, o día 16-06-2005 09:36:22h.
Segindo teño entendido, Matthew Vaughn deixa o proxecto porque dixo que lle levaría moito tempo e estaría separado da sua muller e familia máis de 6 meses e non ía pasar por iso.

¡Qué bonito é o amor! Aínda que nos fastidia tanto retraso foi por unha cousa bonita (¿A muller pensaría o mesmo?) jejejeje

É máis importante a parella que os cartos ;)

Comentario feito por ifrit, o día 16-06-2005 13:15:06h.
Sempre que xa teñas cartos, claro XD



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García