Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

É para quedar pampo

11-06-2005 22:50:05
Cóntanme que a dobraxe da película Kun-Fu-Sion (quedaron cansos co esforzo), a.k.a Kung Fu Hustle, é para quedar pampo. Resulta que á productora (ou ó estudo de dobraxe) non se lles ocorreu mellor forma de promociona-lo filme que poñerlle acentos rexionais a cada un das personaxes: así temos que as lavandeiras do principio teñen un acentazo que parecen de Camariñas aínda que pasarían por fillas de Fu Manchú himself. Ou a caseira, á que lles parecía que lle cadraba un acento catalá que sería a envexa de Yoda Pujol.



E non quedou aí a cousa, senón que para darlle máis gracia ó asunto cambiaron o guión para engadir frases supostamente enxeñosas como “toma una cebolla para que te crezca la polla”, de tal xeito que o espectador queda sen saber moi ben de que vai a película.

Teño que dicir que eu xa o vía vir. Desde que alguén estendeu o rumor de que "Florentino Fernández es lo más" (¿?) temos toda unha escola de imitadores de imitadores que non deixan de torturar ós que coma no meu caso viamos isto como outra estúpida moda pasaxeira, e que agora comezamos a temer de que non nos libremos xamais dela. Aínda lembro conmocionado cando un coñecido contábame sen vergoña algunha que descargara a primeira parte do Señor dos Aneis dobrada enteramente á xerga de Chiquito de la Calzada, e non só iso, ¡senón que lle gustara!

Xa sei o que pensan, e dóulle-la razón: ese tipo de xente desgrava na declaración de Facenda. Pero Cinemafriki unha vez máis atendendo ás necesidades dos excluidos sociais (friquis, licenciados, taxistas, etc.) elaborou un sinxelo gráfico que esquematiza de forma clara e precisa a relación CI-mass media que disipará dunha vez e para sempre tódalas dúbidas que poidan ter:



Espero que coa axuda que lles ofrecemos de maneira desinteresada teñan ben claro de agora en diante o grupo ó que pertencen vostedes e as súas amizades.

Giménez Espantos


Crítica Kung-Fu Sion

Categoría: Críticas 3 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Diefer Casan, o día 13-06-2005 08:56:15h.
Si ya o dicía eu. Agora, despois de facer películas sinxelas para as mentes lucídas, por unha película boa de chineses boa que botan na grande pantalla (antes tiñamonos que conformar con internet e en v.o.), onde Stephen Chow volve a facer outra obra maestra das súas (véxase Shaolin Soccer), para que poidan tragala os ollos españois, fan unha dobraxe patética, como se dí.

Tiven a fortuna de ver estas dúas películas en chinés, e podo dicir que me encantou, ata hai chistes e xogos de palabras que solo se explican nese idioma, pero como, e outra vez o digo, teñen que facer películas para todo o mundo, e para que os españois entendan esta, fixeron a traducción que fixeron, xa que estes non son capaces de ir máis alá da súa casa, traballo, salsa rosa, ¿Ande tas corazón? e feira de abril. Moi triste.

Eu estou tranquilo, xa que a vin en v.o. e puiden disfrutar de ela tal e como a conciviu o director, onde demostra que o cine chino é máis que unha "ondanada de hostias".

Recomédo a todas as persoas cultas e normais (que quedan poucas) esta película como se ten que ver. En chinés, cos amigos, e un bo feixe de palomitas.

Graciñas

Comentario feito por Gimenez Espantos, o día 13-06-2005 23:34:33h.
Señor webomaster,

Es mi deber informarle de las siguientes deficiencias en el artículo:

1.- ¡Falta una foto!


Gracias :P

Comentario feito por ifrit, o día 13-06-2005 23:42:14h.
seino, seino...
Pero é que a foto que lle fixo vostede á súa moza ten moita resolución e a estou operando a ver se o amaño...

(o peso máximo permitido é de 60 kbs e para uniformiza-lo texto as fotos horizontais terán 300 px de ancho e as verticais 296 px de alto. Pero sen dúbida o do peso é o máis importante...



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Nanysex