Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

A mina de ouro

14-05-2005 19:33:12
Marvel atopou un filón de ouro nas adaptacións cinematográficas dos seus cómics máis exitosos (e dos que non o son tanto tamén). A continuación relacionamos a lista do que vai vir para que vos fagades unha idea da dimensión do ¿problema?

    X-Men 3, verán do 2006 (Fox)
    Ghost Rider, 2006 (Sony)
    The Punisher 2, 2006 (Lions Gate)
    Spider-man 3, 4 de maio do 2007 (Sony / Columbia)
    Namor, 2007 (Universal)
    Iron Man, 2007 (New Line Cinema)
    Luke Cage, DSD (Sony / Columbia)
    The Hulk 2, DSD (Universal)
    Wolverine, DSD (Fox)
A lista segue con Ant-Man, Black Panther, Captain America, Killraven, Nick Fury, Silver Surfer e Thor...

A era dos frikis é chegada!!

Categoría: Rumores 7 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Diefer Casan, o día 14-05-2005 21:27:30h.
Non! Non! É unha pena que se gasten tantos cartos en facer algunhas destas películas. Parece que se fai por facer. Logo saen as cousas que saen, coma Catwoman, Elektra ou Punisher. Fixeron unha película de "La cosa del Pantano" que ¡SAIU DIRECTAMENTE EN DVD! Para que vexades que moitas de estas películas non van a ter moito éxito.
As únicas salvables son: X-Men 3, ¿Ghost Rider?, Spider-man 3, Hulk 2 e Lobeto.
¿Un Nick Furia negro? A única salvación para que estas películas polo menos teñan presuposto é que collan algún actor coñecido, logo xa se verá.

Comentario feito por ifrit, o día 14-05-2005 21:35:54h.
No ano do Quixote só podo dizir: "Cosas veredes, Sancho."
Samuel L. Jackson coma Nick Furia... bueno, po'vale, po'malegro...

Por certo, o teu avatar segue se aparecer. Mira a ver que fas :)

Comentario feito por Diefer, o día 14-05-2005 21:42:38h.
Xa o sei, pero se lle das o cadriño, aparece. Non sei que pasa. O primeiro foi de maravilla. :( Xa veremos, provarei con outro.

Comentario feito por J. Lo, o día 15-05-2005 12:08:37h.
No no no no no, no digáis Lobeto. Ya sé que me diréis que es así en galego y esas cosas, pero no. Logan SIEMPRE será LOBEZNO.

Aunque peor es en Latinoamérica donde le llaman "Carcayú" :PPP

Comentario feito por J. Lo, o día 15-05-2005 12:13:14h.
Lo de la corrección política en USA ya deriva en un igualitarismo estúpido y falso.

Lo de Nick Fury es de chiste, como lo fue lo de Kingpin en Daredevil y lo de Kojak (que interpreta Ving Rhames, por cierto).

Ya verás, al final las películas van a parecerse más a un puto anuncio de Benetton que a lo que tienen que ser.

Comentario feito por ifrit, o día 15-05-2005 16:22:04h.
E que esa é a traducción correcta ó castelán... Que culpa temos nós de que fixeran un superheroe dese animal... e despois ven a traducción da traducción...
qué lle imos facer...
JLo, filla, a vida é así de dura.

Comentario feito por J. Lo, o día 15-05-2005 22:20:45h.
Ya lo sé, ya lo sé, es el carcayú o glotón, pero no negarás que mola mucho más LOBEZNO.

Joder, hasta me he puesto cachonda :P



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García