Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Estrea mundial de O Reino dos Ceos

01-05-2005 18:23:17

O próximo venres 6 de Maio será a estrea mundial de O Reino dos Ceos a última película de Ridley Scott. Será unha película espectacular ó gusto deste director, con grandes batallas e coidadas ambietacións e, por suposto, a historia de amor (que non falte nas películas americanas)

Para todos aqueles que inda estean indecisos ou para os que nada viron aquí realizamos un pequeno artículo co fundamental para achegarse a esta película.

A banda sonora está composta por Harry Gregson-Williams autor da banda sonora de filmes de acción coma Broken Arrow, A Rocha ou Armageddon e discípulo aventaxado de Hans Zimmer. O seus próximos proxectos son Madagascar e a primeira entrega de As Crónicas de Narnia.
Inda é hoxe o día que non se sabe onde será a estrea mundial. En España e Marrocos están feitas case a totalidade das localizacións. Maiormente na localidade andaluza de Palma del Río (entre Córdoba e Sevilla), onde se encontra o Palacio de Portocarrero e a súa muralla árabe nos que se recrea a Xerusalén do século XII.

Grandes batallas épicas, espectaculares pelexas a espada, grandiosas ambientacións e moito máis é o que promete este filme ambientado nu turbulento periodo histórico das Cruzadas do século XII.
Para o próximo fin de semana xa teremos unha crítica á altura.

Categoría: Xeral 2 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Diefer, o día 05-05-2005 19:35:01h.
Graciñas, ifrit ;)

Comentario feito por ifrit, o día 05-05-2005 19:38:00h.
Gracias a ti ;)



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García