Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Novas imaxes de Superman Returns

26-04-2005 14:10:43


Estas son as primeiras imaxes que se poden ver de Brandon Routh caracterizado como Clark Kent e coma Superman. A verdade é que a cousa pinta bastante ben e que conservan unha estética bastante fidel ás películas de Christopher Reeve. A ver como remata a cousa. Tendo en conta que a estrea nos EE.UU non será ata o verán do 2006 inda queda tempo para dar moitas voltas.

Categoría: Xeral 3 Comentario(s) & 1 Referencia(s)



Referencias
Fixo unha Referencia CINEMA FRIKI o día 2005-07-18 00:28:05h.
[...] Novas imaxes de Superman Returns Mallas azuis Superman Returns Categoría: Xeral 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s) Referencias http://cinemafriki.bitacoras.com/ [...]



Comentarios
Comentario feito por Godzilla Sama, o día 29-04-2005 13:47:09h.
O das mallas sempre queda un tanto... raro, o de marcar paquete...non sabía que superman fose tan inseguro, pero que a estas alturas todavía leve os calzóns por riba dos pantalóns...

Comentario feito por Diefer Casan, o día 01-05-2005 08:22:16h.
Eu non estou de acordo. Eu creo que o das mallas é un puntazo. Simpremente hai que saver levalas. O que pasa é que a xente aínda ten metida na cabeza a imaxe de Adam West na serie de Batman e non era precisamente un icono de musculatura. Soamente tes que ver a curtametraxe de Batman: Dead End (comentada eiquí)para observar que as mallas ben postas sempre son aceptables. En Batman Begins, aínda que seguen usando a goma negra para o traxe, enténdese mellor porque é unha especie de bioarmadura feita por Industrias Wayne para o exército, coma todos os seus bataparellos (igualiño que no comic). E aínda así eu creo que tamén quedaría xenial un Batman de mallas grises, coma no seu principio. Tamén ahi que entender que a mín todavía non me convencen os traxes negros de X-Men, pero cos múltiples cambios de looks que levan feitos nos comics enténdese. Eu creo que o traxe de Lobezno, ben feito, podería quedar xenial. Ata nos 4 Fantásticos conservaron os seus uniformes azuis, que poderían paracer ridículos, e agora quedan estupendos.
No caso de Superman, ata Christopher Reeve marcou un antes e un despois en Superman. Nestes momentos creo que sería un pecado mortal cambialo traxe e modernizalo. Superman sempre será Superman. A súa "S" é un signo que non se pode cambiar, os seus colores é algo que non se pode cambiar, o seu "flequillo" é algo que non se pode tocar e a cara de tonto de Clark Kent non se pode modificar. Eu creo que vai a ser unha adaptación moi digna, e cos VFX que existen agora, eu quero ver unha pelexa de Superman contra alguén. ¡Debe ser alucinante!
Sempre queda o de maracr paquete, pero bueno, cada un é coma é ;P e espero que non se poña moi contento en canto vexa a Lois Lane XD.

Como dicía Superman na serie antiga de debuxos animados na Galega:
"¡ARRIBA E ALÁ IMOS!"

Comentario feito por Godzilla Sama, o día 02-05-2005 12:51:56h.
Entendámonos, eu non propoño cambia-lo traxe de superman, aínda que nesta nova versión xa oscureceron un pouco a capa e as botas e, dende logo, alédeome de que este tipo estea en mellor forma que Adam West, pero aínda así non enche o traxe igual que o Sr. Reeve, tampouco propoño que o traxe sexa unha segunda pel que marque tódolos músculos, incluso os que non existen, igual que nos cómics, o que eu lamento é que Superman pareza máis un tipo en pixama que un "Home de aceiro"



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009