Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Volcano High

17-04-2005 17:28:31

Volcano High School é unha espectacular e delirante película coreana que emula ós típicos manga de institutos (gakuen) cheos de mozos e profesores con poderes especiais . Ós productores da 20th Century Fox non lle pareceu suficiente reclamo e non se lles ocorreu outra cousa que dobla-la película con conocidos rapeiros (Tracey Morgan, Big Boi, Mya, Andre 3000, Lil' Jon, Snoop Dogg e Method Man) dando lugar a un producto que eles mesmos describen como "onde as artes marciais e o hip-hop colisionan" (vai a haber feridos, abofé que si). Volcano High, en calquera das súas versión deixará a calquera sen fala.
Dizir que a versión coreana é inigualábel e que en beve teremos unha crítica á altura.

Categoría: Xeral 1 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Indignado, o día 22-04-2005 16:06:05h.
A U.S.A. segue facendo o mesmo. Primero pasou con The Ring e despois con The Grudge. Eses nefastos directores intentan sacar esas boas películas orientais no seu pais adaptádoas a esas mentes planas que é o mundo occidental. Para Os yanquis unha película ten que ter un principio e un final. Nada de tramas misteriosas nin deixar as couas no aire. A súa fráxil cabeza non é capaz de atender nin entender unha película que saia do seu estreito mundo, no vaia a ser que a verdade o a imaxinación estropee esa mentalidade individualista. Pois iso, estou canso de que intenten adaptar as boas películas para os demáis simplemente por motivos económicos. ¡Qué saquen ó mercado as orixinais e as boten no cine! Ó mellor daríanse conta de que vai máis xente da que pensan. Aínda queda xente intelixente neste pequeno planeta.
Moitas Grazas.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009