Destruindo un mito.
17-04-2005 17:03:50
Os lindes entre o frikismo extremo e o bizarro son moi difusos.
Para mostra este botón que traemos hoxe. ¿Debería ter un fan de Spiderman estes exemplares na súa colección? ou po-la contra ¿son máis propias de amigos do grotesco e casposo?

A primeira é a versión xaponesa de Spiderman. Onde o personaxe foi totalmente adaptado ós gustos e maneiras xaponesas, adoptando tóda-las características do sentai (series de xentes con estranos traxes que loita contra monstros de tódo-los tipos para finalmente loitar contra o xefe, e así en tódo-los capítulos). Nesta perversión do personaxe da Marvel a historia de Peter Parker foi cambiada, Spiderman (Supadaiman) utiliza todo tipo de inxenios mecánicos, así como vehículos personalizados e ata ten un robot xigante (!) Converténdose na primeira serie na que o protagonista chama a un robot xigante para axudarlle na loita final e característica imprescindible do xénero sentai daquela en diante.
O Spiderman xaponés é un producto indescriptíbel do que po-lo menos hai que ter noticia. Para máis información visitade esta páxina.

Se o Spiderman xaponés vos pareceu flipante agarrádevos ben á cadeira. A segunda perversión é nada máis e nada menos que 3 Dev Adam (O Capitán America e O Santo (o loitador mexicano) vs. Spiderman) Un disparatado filme turco no que Spiderman é un villano e unha inédita parella de heroes vense envoltos nunha trama chea de mafiosos e pelexas ó máis puro estilo BANG-BOUM-BADABAM! da serie de TV de Batman.
Podedes ler os comentarios dun intrépido investigador que visionou a película sen ter a máis mínima idea de turco e nos describe o brillante argumento así como os avanzadas técnicas visuais, de vestiario, etc.

Categoría: Bizarro 4 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios
Comentario feito por Fagot, o día 14-11-2005 12:29:46h.
Levo sendo fan de Spiderman desde que se comezou a publicar en colección regular (Forum. As edicións de Bruguera e Vértice non tiñan orde nin sentido) vai facer xa 20 anos.
E realmente moléstame moito máis a recente versión americana. Primeiro porque Stan Lee está de productor e permitiu semellante manipulación da súa personaxe estrela. Segundo, porque este recente Spiderman é a antítese de todo o que nos levou a amar este cómic, un rapaz normal que loitaba pola súa propia supervivencia e que tiña un alter ego odiado polo resto da humanidade.
Como suxerencia podedes facer un novo "Bizarro" con Spiderman e poñer os filmes actuais.

Comentario feito por ifrit, o día 14-11-2005 17:18:29h.
Comentario feito por Fagot, o día 17-11-2005 13:15:43h.
Non sei que che diga. Batman está moito mellor sendo unha personaxe con menos chicha. Das últimas que fixeron da Marvel, está Hulk. E mirando un pouco máis atrás temos Conan.
Por outra banda, seguindo o comic, o argumento da primeira de Spiderman estaba feito e a primeira hora de película era boa, se despois deso te dedicas a maltratar a personalidade da túa personaxe e a render pleitesía a un público adolescente con poucas luces, xa non é o mesmo.
Spiderman foi polémico como cómic (ten números que non pasaron a censura) porque non ilustraba a sociedade neoiorquina con benevolencia, no comic arriscaronse nos plantexamentos, no filme non. Había algo moi grande en Peter Parker que era o seu conflicto interior pola súa doble vida. Era un rapaz que cometía erros deribados da súa edade. Agora preséntanolo como un "tio guai" é tímido pero "guai" por favor, que necesidade había?

Engadir un Comentario

Feito con
Ó da serie turca, no comment.
Grazas.