Crúa, humana, salvaxe, poética
28-03-2005 00:31:25

O cinema da Asia oriental volve estar de moda. Fai algún tempo foron as películas de Hong Kong (ou “de chinos”) con Jackie Chan, Jet Li, Chow Yun Fat, Jonh Woo e compañía, fai pouco as de medo xaponés como Ringu, The Eye ou A maldición e finalmente a ultraviolencia máis poética da man do xaponés Takeshi Miike e a nova xeración sur-coreana.
A este último grupo pertence a película Sympathy for Mr. Vengeance dirixida po-lo cabeza de lanza de Corea, Chan-wook Park. Neste filme podemos observar algunhas das características deste tipo de cinema que nos ven espertar do soño no que nos teñen sumidos as productoras estadounidenses: historias moi humanas sen heroes, case non hai violencia, pero cando a hai é altamente explícita, a fotografía e o coidado descoidado dos ambientes e escenarios, unha serie de códigos de honra e de convencións sociais e culturais que nos desconcertan e producen curiosidade a un tempo.
As historias son na maioría dos casos locais pero con significado comprensíbel en calquera punto do globo. O protagonista desta historia é un mozo xordo que vive ca súa irmá enferma que precisa un ril. A película narra os intentos do mozo por conseguir un ril ou o diñeiro necesario para subir na lista de espera. Todo-los seus intentos son en van e a situación vaise enconando. O único que consegue é facerse inimigos e alimentar odio e rencor en contra daqueles que lle impiden consegui-los seus obxectivos. Outros personaxes engaden obxectivos e rencor: a súa noiva contestativa, o seu xefe e a súa filla...
Unha historia perfectamente contada a pesar de tódalas tramas que se xuntan e a información ós poucos que se nos dá. Unha historia sobre a venganza, en palabras do director, “un sentimento humano que queima vidas enteiras na súa procura, para ó final, ó consegui-la ver que non sirve para nada ou é moito peor.”
Crúa, humana, salvaxe, poética. Só alguén cos ollos rasgados no-lo podía contar así.
The Ifrit
Crítica Sympathy for Mr. Vengeance
Categoría: Críticas 12 Comentario(s) & 1 Referencia(s)
Referencias




















Feito con
Personaliza o teu avatar en gravatar.com
Non perdas de vista os teus comentarios con coComment
Utiliza código HTML para dar formato ó teu comentario
Non poñas máis dunha ligazón no teu comentario ou non aparecerá (sistema anti-spam)
Nin en 'Cahiers du cinéma' hai frases coma esa, meu xD
non sabía comor remata-la crítica XDDD
* Old Boy
* Yomigaeri (Resurrection)
* Casshern
¡Váis flipar, nenos!
O que a vostede lle pasou é que nos comentarios, na esquina superior esquerda hai un hoco en branco, inda non sei para qué pero presumo que para po-la foto do comentarista ou algo así...
Por último decirlle que ansimos tanto ve-las películas que nos sinala como le-las súas críticas.
A ver se antes de sair da casa poño un par de entradas... Bitácora do carallo! a ver se algún día me poño en serio...
Diefer, don't feed the troll... ademáis ti coñécelo... está sentado á túas esquerda ;)
En otro orden de cosas, este fin de semana toca sesión de cine, "sí o sí" :D
P.D.:Acórdate do de Star Wars
La sorpresa es el comentario de J.Lo, un poco xenófobo o de autoodio... que yo pensaba que sólo pasaba en las páginas escritas en catalán, pero veo que también a los galegos os pasa: siempre hay una nacionalista español exhacerbado que acusa a los demás de lo que él haría... insultar, discriminar, no reconocer a otras lengua... así que ánimos (aunque no os haga falta).
Y por cierto, no sé si los catalanes tenemos la suerte de conocer más de una lengua, pero todo se entiende a la perfección... así que nadie os quiera convencer que por "respeto" escribáis en castellano...