Non queda títere con cabeza
25-03-2005 00:25:12

¿Alguén pensou algunha vez que unhas marionetas non podían ser máis que xoguetes? Grande erro. As marionetas poden ser violentas, románticas, crueis, ácedas, e incluso ter sexo Todo iso queda demostrado despois de ver Team América, a nova película dos creadores de South Park, que parece que co tempo nin maduran nin melloran na súa opinión sobre a maioría das personaxes famosas dos Estados Unidos nin do mundo mundial.
A Policía Mundial é un grupo, americano por suposto, adicado a protexe-lo mundo da devastación dos terroristas, aínda que teñan que devastalo eles mesmos no camiño, como a mesma película nos lembra, toda liberdade ten un prezo, e o Team América é o encargado de protexela, e de cobrar ese prezo.
Por iso, cando Kim Yong Il comeza a vender armas de destrucción masiva, só un grupo de valerosos, decididos e honrados americanos poderá enfrontarse a él con todo o ársenal ó seu alcance, que non é pouco, e garantir así a nosa seguridade (a ver que opinan diso en París ou no Cairo)
Pero lembremos quen son os autores, os mesmos de South Park, así que ninguén pense que por ser marionetas é unha película para nenos: é violenta, hai lingüaxe soez, e moito, e inclúe esceas de sexo explícito entre marionetas, algo que nunca na vida puidera imaxinar, pese á cantidade de películas frikis vistas ate o momento.
Dende logo, quen vaia ver esta película debe ir atento, non é só para pasa-lo rato, non se pode perder as moitas homenaxes a outras películas de culto (algúns apreciarán especialmente as escenas da cantina terrorista ou da entrada no palacio), sempre tendo en conta as limitacións dos “actores” e a evidente ausencia, moi de agradecer, dun exceso de efectos dixitais.
En fin, outra nova película friki para facernos disfrutar, regodeándonos na crítica máis cruel, e que nos deixa cavilando sobre cal das tres clases de persoas somos, unha película na que non queda títere con cabeza.... literalmente.
Godzilla Sama
Crítica Team America
Categoría: Críticas 1 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
Comentarios




















Feito con
Non deixedes de visitar esta curiosa páxina XDDD