Entretida, con argumento sinxelo e cunha morea de ostias
24-03-2005 21:44:18
En Hong Kong teñen moi claras as cousas: queren filmes entretidas, con argumentos sinxelos, e cunha morea de hostias suficiente coma para deter un rexemento. Chégase a esta conclusión tras botarlle unha ollada ás nominacións conseguidas por Kung Fu Hustle na 24ª edición dos Hong Kong Film Awards, nada menos ca ¡16!: desde mellor director á mellor posta en escea ou efectos visuais; só lles faltou nominar na categoría de curtametraxe ao tráiler da filme.

O responsable de semellante éxito é Stephen Chow, actor en activo dende fai case 20 anos e a última grande estrela do cine HK que aínda non deu o salto a Hollywood, e máis coñecido en Occidente pola súa película anterior, Shaolin Soccer. Nela combinaba dous mundos ben diferentes: o futbol e os monxes de Shaolin, conseguindo un resultado ben espectacular: unha sorte de Campións chinés con esceas que firmaría o mesmo Son Goku.

Ante semellante panorama só podemos facer unha cousa: recomendar ós directores españois, tan denostados ultimamente, probar sorte co cine de acción made in Hong Kong, e reciclar actores e actrices fartos de facer as mesmas filmes, unha vez tras outra. O cheo nas salas estaría asegurado, ou polo menos a sensación de ridículo non sería tan evidente.

E iso é todo.
¿E o filme? Pois o que diciamos: entretida, con argumento sinxelo e cunha morea de ostias.
Crítica Kung Fu Sion Kung Fu Hustle

Giménez Espantos
Crítica Kung Fu Sion Kung Fu Hustle
Categoría: Críticas 21 Comentario(s) & 1 Referencia(s)
Referencias

Feito con
Personaliza o teu avatar en gravatar.com
Non perdas de vista os teus comentarios con coComment
Utiliza código HTML para dar formato ó teu comentario
Non poñas máis dunha ligazón no teu comentario ou non aparecerá (sistema anti-spam)
Outra cousa: 'Campeones' non se traduce posto que non se chegou a emitir na TVG.
Se en castelán traduciuse aquí tamén o traducimos, inda que non exista versión en galego.
O que non faremos serán cousas do tipo "Gume: Trinidade" XDD
Próximamente en:
CINEMA FRIKI
;)
GRACIÑAS, PABLO!!!! (por conseguila) :P
Unha aperta e moitos bicos
Eu tamén quero os meus bicos :((
¿Tes ciúmes?
Pois, ¿por qué a agachaches todo este tempo? Ó mellor non é tan boa coma pinta, pero eu soamente vin unha escena dun tipo vestido cunha armadura gris, megafashion, arreando leñes contra uns centos, ou miles, de robots. ¡Imprezionante!
Pois xa a veremos pronto.
Gracias a tí tamém. Moitos biquiños, Ifrit
¡Qué celosiño me es! ;P
"Non se pode ver o que non se coñece..."
É unha vergoña, dentro de pouco porán esta bitácora no anuncio de "el hombre desactualizado"...
Tóda-las noticias teñen solera...
Eu intento poñer un pouco de todo para que escollas, pero saen novidades constantemente...
Veña, moitos bicos :*
A qué hora saes?
Espérote sen problemas, pero confirmamo, plis. Se queda alguén máis que se apunte.
Non botan nada no cine ¿non?
Una vez más ha quedado al descubierto la naturaleza liberticida de la izquierda golpista...