Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Wonderful Manhwa

20-03-2005 18:27:05

Un futuro probábel, quizais non tan lonxano, un mundo asediado po-la contaminación que decide aillarse nunha cidade autosuficiente, que se abastece de enerxía e crece por si mesma alimentándose daquelo do que os seus habitantes se protexen: a contaminación, pero non hai sitio para todos. Esta é a ambientación na que se desenrola a historia de Wonderful Days, un deses productos que desvían a atención do anime do Xapón cara outras latitudes, neste caso, Corea.

A historia céntrase na relación de tres personaxes, amigos no pasado pero separados por un feito tráxico, e as súas diferentes posicións respecto ó conflicto que enfronta ós habitantes da xigantesca cidade-arca e ós do exterior, desprezados po-los privilexiados que viven nela, inda que ó mesmo tempo dependan deles para as tarefas pesadas.
As tensións entre estes dous grupos crecen ó mesmo tempo que a cidade, ó igual que a dependencia dos seus habitantes dos do exterior, cando un ataque ó mesmo corazón da cidade, produce o encontro da parella protagonista e a posta en marcha dun plan que pode salva-la cidade, con terribeis consecuencias para os que habitan fora dela.
Este é grandes rasgos o argumento desta xenial película, que cun argumento coidadosamente elaborado e ben desenrolado, uns personaxes totalmente creibeis e ben definidos, sen caer en excesivas profundidades emocionais, xunto a unha coidada realización técnica ofrécenos un producto da mellor animación actual, en poucas verbas: Wonderful manhwa.

Godzilla Sama


Crítica Wonderful Days

Categoría: Críticas 2 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por anonimo, o día 22-12-2005 21:45:39h.
yo busco las cronicas de narnia!!! no me digais ke esta y luego ke me salga otra cosaQ!!!

Comentario feito por ifrit, o día 22-12-2005 23:00:50h.
The Chronicles of Narnia rewiev is coming soon... sorry



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Pau gasol