Casino Royale
20-03-2005 19:01:38

Outros que se unen á moda dos remakes.
Parece que xa é oficial o título número 21 da saga 007. Será Casino Royale, segundo The Hollywood Reporter os productores decidíronse por esta novela, e baixo o mando de Martin Campbell, quen xa dirixira unha do famoso espía británico: Goldeneye. Casino Royale, é o título da primeira novela que Ian Fleming escribíu sobre o axente secreto en 1953. O libro adaptouse en 1954 para a televisión e en 1967 para o cine con Peter Sellers, Woody Allen y David Niven entre outras moitas estrelas do momento. As comparacións son odiosas... sobre todo para os que perden.
Decir por último que Quentin Tarantino rexeitou o proxecto ó saber que Pierce Brosnan non ía seguir interpretando a James Bond. Unha verdadeira pena.
Categoría: Rumores 1 Comentario(s) & 185 Referencia(s)
Non é posíbel engadir comentarios a esta entrada.




















Feito con