Alone in the dark
23-02-2005 16:38:27
Nesta bitácora no só listamos aquelas películas que, como bos frikis que somos, deberiamos ir ver, senon tamén aquelas que non deberiamos ir ver por moi fikis que sexamos. Esta é unha delas. Moitos son os frikis que se poden ver arrastrados po-lo recordo daquela inquietante e xenial saga de aventuras gráficas de terror do mesmo nome, pero para que isto non suceda aquí vos deixamos opinións dos máis variados medios internacionais pero que coinciden nas súas valoracións do "atentado".
Esta película é tan horribel a tódo-los niveis, que te preguntas por qué o distribuidor non a lanzou directamente en DVD, ou mellor ainda, por qué non a tirou ó lixo.New York Times
O director Uwe Boll é o Ed Wood dos nosos días, un tipo que pretende mistura-lo estilo de acción de John Woo cas películas de serie B de John Carpenter.Splicedwire
Alone in the Dark é tan horríbel que quen gaste dez dólares en vela, debería recibir en troques once e unha carta de disculpas asinada po-lo director e os actores.Toronto Star
Películas coma Campo de Batalla: A Terra ou Pluto Nash agardan a estrea de títulos coma Alone in the Dark para non parecer tan malas.Gazzete
É peor do que te podas imaxinar.Fantastica Daily
(Christian) Slater recita as súas liñas coma se lera a carta dun restaurante. Tara Reid aprendeu as frases máis longas en pequenos segmentos, para non saturarse.Lawrence Toppman (Philadelphia Observer)
Alone in the Dark será a peor película do 2005. O feito de que se poda facer algo peor é o único susto xenuino que a película pode ofrecernos.Chris Kaltenbach (Baltimore Sun)
Tan desquiciadamente horríbel que bordea os lindes da inmortalidade cinematográfica.Hartlaub (San Francisco Chronicle)
O espírito de Ed Wood segue vivo en Alone in the Dark.Michael Rechtstaffen (The Hollywood Reporter)
Unha das peores películas xamáis feitas.Three Movie Buffs
Terríbel alén do posíbel, coma o peor serial dos anos 40 nunca feito. Sobre Slater e (Stephen) Dorff... bueno, teñen feito películas peores--un intre, non, non as fixeron.Frank Swietek (One Guy's Opinion)
Precisase unha actriz que faga que as frases SOEN intelixentes, e (Tara) Reid non vai gaña-lo Premio Nobel a curto prazo (é a proba de que o alcol mata as células cerebrais... con saña).Willie Waffle (wafflemovies.com)
As tres estrelas viron días mellores, pero gustariame pensar que inda poden facer algo con máis clase e dignidade que isto. Como porno gay.Rob Vaux (Flipside Movie Emporium)
Dizir que Alone in the Dark de Uwe Boll é mellor que o seu debut americano do 2003 House of the Dead e coma louva-la sífilis por non se-la SIDA.Nicholas Schager (Slant Magazine)
Hai algunhas pelis estúpidas que molan, se desconectas o cerebro e disfrutas. Alone in the Dark non é unha desas, inda que sexa moi estúpida.Michael Wilmington (Chicago Tribune)
En canto a adaptacións de videoxogos, ata Pong: A película tería máis personalidade.Michael Rechtshaffen (Hollywood Reporter)
E inda haberá xente que vaia vela. Non será porque non se avisou...
Crítica Alone in the Dark
Categoría: Críticas
1 Comentario(s) & 0 Referencia(s)
Referencias
http://cinemafriki.bitacoras.com/archivos/2005/02/23/alone-in-the-dark/trackback/
Comentarios
Fai un Comentario
Personaliza o teu avatar en
gravatar.com
Non perdas de vista os teus comentarios con
coComment
Utiliza código HTML para dar formato ó teu comentario
Non poñas máis dunha ligazón no teu comentario ou non aparecerá (sistema anti-spam)
HabÃa ben tempo que non lia unhas "louvanzas" tan unánimes sobre unha peli.
P.D. O de ir a vela Ãa en coña