Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

The Chronicle of Narnia. The Lion, the Withc and the Wardrobe.

21-02-2005 00:49:18
Tras este psicotrópico nome atópase a próxima película na que participa Weta Workshop, un das mellores compañías de creadores de todo tipo de vestiario, armas e armaduras, criaturas e demáis parafernalia fantástica. Dende Túa nai comeu ó meu can e Os Feebles ata O Señor dos Aneis, pasando por series como Hércules e Xena, a princesa guerreira.
The Chronicle of Narnia. The Lion, the Withc and the Wardrobe (As Crónicas de Narnia. O León, a Bruxa e o Armario) é a adaptación cinematográfica dun grande éxito da literatura infantil coa que Disney intentará crear unha saga que faga fronte ó invencíbel Harry Potter e, en menor medida, a Lemony Snicket.
As imaxes de como se está facendo a película son un aperitivo do que será un bo despliegue da parafernalia de Weta Workshop e de como nos volveremos nen@s por un día para disfrute dos nosos ollos.
A estrea nos EE.UU será o 9 de decembro.

Categoría: Xeral 1 Comentario(s) & 0 Referencia(s)



Referencias


Comentarios
Comentario feito por Diefer Casan, o día 05-03-2005 21:23:14h.
Simplemente impresionante. O vídeo de WETA Feature é sublime. Son un xenios. Non hai máis que dicir. Alabémolos...



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García