Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Alita, anxo de combate

20-02-2005 19:02:59

Os rumores sobre a realización da película deste famoso manga de ambientación ciberpunk veñen de longo. Nos últimos meses o proxecto vai tomando forma da man das declaracións do que vai se-lo director: James Cameron. Glosamos a continuación algunhas das máis interesantes:

"Estamos agora mesmo (outubro 2004) en plena pre-producción dun proxecto chamado Battle Angel, que é algo no que estiven traballando durante anos, e estamos finalizando o guión definitivo agora mesmo. Estivemos facendo diseños, é unha gran película de ciencia ficción e hai un par de cousas moi interesantes neste proxecto."
"A película será unha mistura de imaxe real e gráficos de ordenador, e con sorte estará lista para estrear no 2007."
O argumento "será unha combinación do primeiro e o terceiro libro (?)" "Contratarase a un nome coñecido para dar vida a Alita, pero non é unha película de estrela e a maior parte de Alita será feita por ordenador" "Imos rodala en 3D usando o sistema de imaxe en estereo que estivemos desenrolando para os documentais" xa que, segundo cre, para principios do verán do 2007 a maioría dos cines estarán equipados con sistemas de cinema dixital.

Categoría: Rumores 2 Comentario(s) & 1 Referencia(s)



Referencias
Fixo unha Referencia CINEMA FRIKI o día 2005-05-23 00:35:44h.
[...] Alita, Anxo de combate. Categoría: Rumores 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s) Referencias http://cinemafriki.bitacoras.com/archivos/2005/05/23/mentiras_arriscadas_2/t [...]



Comentarios
Comentario feito por katty_gomenasai, o día 23-05-2006 16:48:40h.
porfavor diganme expecificamentecomo sellama la pelicula o como se conoce esk necesito verlaa aki no ta :( esa pelicula :'( mala onda `porfas kien sepa dond la puedo descargar si esen el ares o en alguna otra parte k me escriba un hotmail o me agrege si no es para otra cosa entonces mejor no me agregen =) katty_maxi13@hotmail.com

Comentario feito por ifrit, o día 02-06-2006 21:37:09h.
É só un proxecto, inda non existe a película e falta moito para que poda existir... Non busques máis...



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García