Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Batman Begins

16-02-2005 21:09:43


Hai homes que viven en covas…
Encerrados no seu corpo,
Prisioneiros da súa ialma.
Hai oscuridades que nos se disipan
coa luz do sol
E ás veces
nin ca da xustiza.


Escomenzamos esta nova andaina po-lo cinema máis espectacular e punteiro e outras veces cutre e subcultural cun clásico entre os clásicos: Batman (posíbelmente o primeiro grande éxito dun filme tirado dun cómic) Aquí traemos dous cartaces teaser do que será a súa próxima película, Batman Begins. Unha precuela onde se nos contan as orixes do Señor da Noite e de tódo-los seus traumas (que non son poucos).


Categoría: Xeral 2 Comentario(s) & 1 Referencia(s)



Referencias
Fixo unha Referencia CINEMA FRIKI o día 2005-05-14 22:23:29h.
[...] Batman Begins, incluido a versión internacional que saiu antonte. Inda nos queda moito que babexar ata a estrea. Categoría: Trailers e teasers 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s) [...]



Comentarios
Comentario feito por Diefer Casan, o día 17-02-2005 13:16:31h.
Christopher Nolan pretende conseguir unha imaxe máis real de Batman que ata agora se vira. Creou (o meu parecer) unha Gotham máis creíble sen perder o seu tono de escuridade, Batman (Christian Bale) iría polas súas rúas cheas de criminais cun vehículo o máis parecido a un tanque que houbera, os malos (Cillian Murphy, Ken Watanabe) non serían parodias nin personaxes estravagantes con uniformes que molestan a vista, non, darían medo e provocarían terror. En conxunto, crear un Batman, o cal, poderías encontralo cando saíras a pasear nunha noite escura.
O anuncio da Super Bowl o di todo.

Comentario feito por xanpolvalei, o día 02-10-2005 12:54:47h.
Non está directamente relacionado co film en sí, pero si con Batman. O pasado 19 de Septembro finou Jim Aparo (1933-2005)que destacou coma o debuxante responsable de sacar afrote o home morcego na década dos 70 cando o superheroe sumíase nunha gran crise de calidade e vendas. Finou un xenio do Comic. D.E.P.



Engadir un Comentario


Recordar datos

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García