
P*t* cine español de merda....
Cagho en tódolos que pariron semellante merda... por facerme perde-lo tempo... por escarallar calquera mínimo respecto que tivese polas produccións desta península de miseria cinematográfica... por ser tan dados polo cu e tan chupapirolas e máis p*t*s cas ghaliñas... etc., etc., etc. P*t*s tirados incompetentes e miserables.
Salvarei a
Echanove, que fai un Quevedo pasable. Salvarei a
Ariadna Gil, que cumpre ben coma actriz, unha tal De Castro. Pódese ignora-lo paso de
Pilar López de Ayala, posto que nin dá nin quita nada. Queda ignorada.
Javier Cámara debería atrapar un pouco pero en comparación tamén é salvable.
Eduard Fernández; nada que dicir. Do pobre 'Aragorn', pois nada.
Orson Welles,
Alec Guinness,
Laurence Olivier, calquera dos mellores tería parecido mediocre ante tanto monte de bosta.
E agora imos ó que imos.
Eduardo Noriega. Merece tantas maldades que me limitarei a expresar un intenso desexo de dor e sufrimento para el. Pero que malo é, Cristo bendito. Ou que mal o fai. Non é relevante. Que o colguen (figuradamente, que non o imos matar polo que fixo, que é delicto) para o seu escarnio e maledicencia en público. Só unha intervención de poderes superiores pode explicar que aínda teña traballo. Argh!!
Blanca Portillo. A culpa é súa por aceptar tal papel. Que se foda. Semellante papelón. Moita televisión vai facer a partir de agora. Pero non, que en España traballan os de sempre, como se ve na película, porque non importa que sexan malos, incompetentes, inaxeitados, parvos a encher ou directamente neno-nenas que noutro lugar estarían a traballar no negocio dos tapóns de lata para envases de bebida. Se nos oitenta estaban
Forqué,
Resines,
Maura... agora temos á xeración
Siete Vidas. Puta miseria.
Elena Anaya. O director non debería quedar só con ela, porque se esta moza de bo ver tivese algo de sangue, non o deixaba enteiro. Cortarlle os collóns por semellante chapuza de guión e dirección, non debería quedar impune. Mira que é unha mala personaxe. De cando é nova, non falarei, que a rapaza que fai dela ó mellor non está para máis aguantar. Pero Eleniña, de Eleniña... Xa van sendo horas de que deixe de ensinar teta na pantalla, que para iso non facía falla saír de
Esteso,
Landa,
Pajares e demais compaña.
Patética.
O director.
Agustín Díaz Yanes. Fuxir. Non coñezo “en profundidade” o que fixo este exemplar antes de
Alatriste. Pero nunha industria con criterio económico e de certo tino xa o terían marcado a lume coma inimigo de todo o que é rendible. Que p*t* desastre de tipo. Mirade que eu de cine sei o que sei, que é ben pouco, pero cando mesmo eu me decato de ata que punto está mal rodada unha escena, de ata que nivel está corrompido e trampeado un guión (sen ter lido libro do tal Reverte ningún), de cantos posibles foron desaproveitados en cortes innecesarios, e de que forma unha minisuperproducción foi violada e torturada ata o seu vencemento... pois mal vai a cousa. Pero que carallo que confiou tantos cartos? É a antítese de todo o que pode ser friki. De todo o que pode ser comercial e rebenta-taquillas. Merda, que se me confunden as neuronas.
P*t* lixo de película.
Mirade que teño tragadeiras. Pero ben grandes, eh. Que trago cada cousa con gusto... que non ten nome. E quería escapar do cine. Quería saír daquela sala como fose. Desexaba estar en calquera outro lugar. Non soportaba ter que comparar o infumable producto medio español con
Viggo Mortensen. Pero é que non o aturaba. Superábame. Pero moito, que non un pouco nada máis. Pero con dous collóns e moito sufrimento agardei ata o fin. Por se acaso aparecía algo salvable. Que non apareceu. De feito, aínda foi a peor. Porque a rodaxe na praia debeu ser unha desas de tripa solta e que gracias. Inenarrable. Hai que sufrilo para comprendelo. Pero non llo recomendo a ninguén. Desaparecede. Non vos poñades nesa situación. Porque logo ven o dos Tercios en combate. Un quero e non podo de libro. Unha cousa tan mala que asusta de verdade. ¿Pero como carallo non viron que aquelo era lastimoso?
Lémbrame agora o roce entre Sabina e Ramoncín polo tema da manta. Pois logo disto que veñan chorando por subvencións os do cine español, que veñan. A patada nos dentes que lles había que dar sería por piedade... para cos amantes da 7ª Arte. Ó infecto escravista da SGAE correspóndelle o papel de lacaio lambecricas que chora polos cartos e defende esta producción tan española. Sabina é o sentido común de quen paga por ver algo entretido e mínimamente digno. Alatriste é insultante. Por tanta indignante pobreza mental e tanta ausencia dunha faísca sequera de bo gusto ou vergoña allea....
Se existise un xuíz imparcial na taquilla... estaríamos ante a maior hostia nunca atrapada por unha merda rodada por e con tanto español, que tiña que ser moi española esta película, por moito que non haxa máis que mediocridade e ínfulas de nada neste endogámico mundiño de (...) (...)
O Reino dos Ceos. Menos mal que de española ten o xusto (agás para a
Sra. Menestra...) e será esa a parte ridícula... ou non.
Non pararía ata mañá ou pasado. Pero que outras doctas e sabias persoas completen estes comentarios. Porque son as cinco da madrugada e teño que me tranquilizar antes de ir para a cama. Menuda noite de merda. Pero de moita merda. Viscosa e fedorenta.
Normalmente tería tentado facer algo un pouco menos cru e se cadra máis coidado. Pero tendo en conta as insatisfeitas gañas de lles parti-la cara que teño... pois queda así.
E por último, non vai ser que alguén se pique e lle pida a un xuíz que lle rasque...
Q’abía vebido i no rejía, senhoría, que uno es probe pero onrado. Que no deseava d’ofender, pero el alcól lla se save.... Que la culpa es de la soziedad, que somos todos.
Incrible... De verdade. O que non a vexa non o vai crer. Pero o que a vexa vaino lamentar na súa alma inmortal.
Incrible... Máis de vinte millóns...
Incrible...
Don Vitto
Ler tóda-las críticas