Bo demáis para o IE

CINEMA FRIKI

Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series...

Adeus bitacoras.com

07-11-2006 12:42:58

http://cinemafriki.blogaliza.org



Como viredes comprobando dende fai xa algún tempo o condensador de fluzo de bitacoras.com vai como o carallo, por iso decidimos mudarnos a blogaliza.

E pouco máis hai que engadir, só que esperamos que a nova casa vos guste po-lo menos tanto como esta e que nos sigades visitando, facendo comentarios, preguntas e demáis. Esperamos que ninguén se quede perdido po-lo camiño. Estades todos invitados! (absterse fans de John Cena)

A nova semente: http://cinemafriki.blogaliza.org/feed/




Alí vos agardamos coas nosas musas, as nosas frikezes, as nosas bizarrezes wanabe, a nosa ausencia de gusto e criterio e todas esas cousas que buscades a xente que por eiquí os deixades caer.

Unha aperta,
O EQUIPO DE CINEMA FRIKI

Categoría: Xeral 2 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

Trailer de Eragon

08-10-2006 20:14:36

Eragon semella unha mistura de As Crónicas de Narnia e Corazón de dragón. Non ten mala pinta, pero supoño que só para pasa-lo rato. E a tía está moi boa. *

Aquí téde-lo trailer.

Na páxina web está máis grande e máis espectacular. Paga a pena.

* 'A tía' é Sienna Guillory (Jill Valentine en Resident Evil. Apocalipse)

Categoría: Trailers e teasers 2 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

Póster de Day of the Dead

25-09-2006 14:01:57

O póster do remake do clásico de Romero está tamén ilustrado con un clásico, a man dun zombi a erguerse dende a terra.

A estrea non está prevista ata o 2007.

Categoría: Xeral 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

Flyboys

25-09-2006 13:23:10

Cine bélico, I Guerra Mundial e combates aéreos. Que máis se pode pedir? Que estea ben feita, por favor.

Dos productores de Independence Day e O patriota chega Flyboys. E aquí o trailer para ir abrindo boca.

Categoría: Trailers e teasers 3 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

Trailer de The Host

14-09-2006 18:17:28

Un dos máis aclamados este ano no Festival de Cannes foi un filme coreano de terror, The Host (Gwoemul, mola máis o nome en coreano).

The Host conta a historia dunha criatura muntante que aparece no río Han en Seul e que vai devoran a todo aquel que atopa no seu camiño. Ademáis, a criatura rapta á filla do dono dun quiosco que vive na veira do río. Mentra os exército fracasa unha e outra vez en acabar co monstro, este home e a súa familia tentarán recupera-la súa filla.

Botádelle un ollo ao trailer.

Categoría: Trailers e teasers 2 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

Black Sheep

14-09-2006 02:26:49

O argumento é como para non perdela: Un experimento xenético convirte ás ovellas en asasinas que aterrorizan a un pobo en Nova Celandia.

O trailer de Black Sheep tampouco deixa lugar ás dúbidas.

Uruloki tamén está ilusionado co filme.

Non confundir con The Black Sheep Affair (Bi xie lan tian). Para despexar dúbidas ver o tráiler.

As ovellas dan moito medo, como xa se demostrou en The Dark, daquela en Gales.

Categoría: Xeral 1 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

NinDavid Craig, nin Pierce Brosnan, nin Sean Connery

12-09-2006 01:33:51

Pero si con tódolos demáis: Peter Sellers, Ursula Andress, David Niven, Orson Welles, Woody Allen, John Houston, Jean-Paul Belmondo...

Este grupo de actores nun filme promete moito, e esta película de James Bond, que non está incluída na saga, convertea nun producto, digamos, estraño. Poderíase clasificar coma obra de arte e un clásico do cine pero moita xente preferiría esquecela.

Nesta historia de James Bond hai moitos James Bond. Tódolos axentes do MI6 son clasificados coma 007. Aparece o sobriño de JB na man de Woody Allen (xenial) e a filla que tivo o axente secreto con Matahari. Tantos personaxes fan de Casino Royale un filme rocambolesco e moi do seu tempo, onde os artefactos secretos eran do máis orixinais e "modernos" (unha persecución de automóviles en Escocia a simularon con coches de Scalextric)

O problema é que rumoréase que actualmente queren facer o mesmo nas películas da saga do axente, e dicir, que nunca houbo un só James Bond, se non que tanto Sean Connery, Roger Moore, George Lazenby, Timothy Dalton, Pierce Brosnan e agora, Daniel Craig, foron distintos James Bond en tempo real. Os demais ou se xubilaron ou foron K.I.A. A mín este invento non me gusta nada e non deberían facer máis números nunha saga que xa estropearon bastante convertendo un axente secreto nun vindiesel ou therock de pantasmadas e acción absurda.

En resumo, Casino Royale é un clásico que non lle hai que mirar nin criticar nada. Soamente disfrutar do seu visionado.

Diefer Casan


Categoría: Críticas 1 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

Jackie Chan forever

12-09-2006 00:37:09

A volta ó mundo en 80 días é unha película para despistar. Na vida se me ocorrería alugala se non fora porque estaba moooi aburrido e, ademáis, traballaba Jackie Chan de secundario. Un filme onde se destroza o libro de Verne convertendo ó millonario inglés nun penoso inventor bobalicón non podería ser digno de visionado.

Pero a curiosidade foi máis forte e o resultado foi mellor do que esperaba. Non é un filme onde o protagonista non é Phileas, se non que o protagonista é o propio ¡Jackie Chan! Outra máis da súa filmografía, salvo que esta é moi correcta e onde o único que sobra é a estupidez do señor Fogg.

Por outra parte a película está chea de cameos con actores supercoñecidos que fai a película moi entretida e que fai botar máis dunha risa, dende Arnold Schwarzenneger como principe da India, ata o propio Sammo Hung, Judi Dench (?), John Cleese, Kengo Watanabe (?)... E mellorando a actuación de Cantinflas no filme de David Niven, Jackie demostra unha vez máis a súa habilidad nunha pelexa espectacular en China.

En resumo, unha película que me sorprendeu moito, e que anticipando algunhas gargalladas, recomendaría para algunha desas tardes para pasar un rato moi entretido cun grupo de amigos.

Diefer Casan



Categoría: Críticas 2 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

Ala... mierda!

05-09-2006 23:08:10

P*t* cine español de merda....

Cagho en tódolos que pariron semellante merda... por facerme perde-lo tempo... por escarallar calquera mínimo respecto que tivese polas produccións desta península de miseria cinematográfica... por ser tan dados polo cu e tan chupapirolas e máis p*t*s cas ghaliñas... etc., etc., etc. P*t*s tirados incompetentes e miserables.

Salvarei a Echanove, que fai un Quevedo pasable. Salvarei a Ariadna Gil, que cumpre ben coma actriz, unha tal De Castro. Pódese ignora-lo paso de Pilar López de Ayala, posto que nin dá nin quita nada. Queda ignorada. Javier Cámara debería atrapar un pouco pero en comparación tamén é salvable. Eduard Fernández; nada que dicir. Do pobre 'Aragorn', pois nada. Orson Welles, Alec Guinness, Laurence Olivier, calquera dos mellores tería parecido mediocre ante tanto monte de bosta.

E agora imos ó que imos.

Eduardo Noriega. Merece tantas maldades que me limitarei a expresar un intenso desexo de dor e sufrimento para el. Pero que malo é, Cristo bendito. Ou que mal o fai. Non é relevante. Que o colguen (figuradamente, que non o imos matar polo que fixo, que é delicto) para o seu escarnio e maledicencia en público. Só unha intervención de poderes superiores pode explicar que aínda teña traballo. Argh!!

Blanca Portillo. A culpa é súa por aceptar tal papel. Que se foda. Semellante papelón. Moita televisión vai facer a partir de agora. Pero non, que en España traballan os de sempre, como se ve na película, porque non importa que sexan malos, incompetentes, inaxeitados, parvos a encher ou directamente neno-nenas que noutro lugar estarían a traballar no negocio dos tapóns de lata para envases de bebida. Se nos oitenta estaban Forqué, Resines, Maura... agora temos á xeración Siete Vidas. Puta miseria.

Elena Anaya. O director non debería quedar só con ela, porque se esta moza de bo ver tivese algo de sangue, non o deixaba enteiro. Cortarlle os collóns por semellante chapuza de guión e dirección, non debería quedar impune. Mira que é unha mala personaxe. De cando é nova, non falarei, que a rapaza que fai dela ó mellor non está para máis aguantar. Pero Eleniña, de Eleniña... Xa van sendo horas de que deixe de ensinar teta na pantalla, que para iso non facía falla saír de Esteso, Landa, Pajares e demais compaña.

Patética.

O director. Agustín Díaz Yanes. Fuxir. Non coñezo “en profundidade” o que fixo este exemplar antes de Alatriste. Pero nunha industria con criterio económico e de certo tino xa o terían marcado a lume coma inimigo de todo o que é rendible. Que p*t* desastre de tipo. Mirade que eu de cine sei o que sei, que é ben pouco, pero cando mesmo eu me decato de ata que punto está mal rodada unha escena, de ata que nivel está corrompido e trampeado un guión (sen ter lido libro do tal Reverte ningún), de cantos posibles foron desaproveitados en cortes innecesarios, e de que forma unha minisuperproducción foi violada e torturada ata o seu vencemento... pois mal vai a cousa. Pero que carallo que confiou tantos cartos? É a antítese de todo o que pode ser friki. De todo o que pode ser comercial e rebenta-taquillas. Merda, que se me confunden as neuronas.

P*t* lixo de película.

Mirade que teño tragadeiras. Pero ben grandes, eh. Que trago cada cousa con gusto... que non ten nome. E quería escapar do cine. Quería saír daquela sala como fose. Desexaba estar en calquera outro lugar. Non soportaba ter que comparar o infumable producto medio español con Viggo Mortensen. Pero é que non o aturaba. Superábame. Pero moito, que non un pouco nada máis. Pero con dous collóns e moito sufrimento agardei ata o fin. Por se acaso aparecía algo salvable. Que non apareceu. De feito, aínda foi a peor. Porque a rodaxe na praia debeu ser unha desas de tripa solta e que gracias. Inenarrable. Hai que sufrilo para comprendelo. Pero non llo recomendo a ninguén. Desaparecede. Non vos poñades nesa situación. Porque logo ven o dos Tercios en combate. Un quero e non podo de libro. Unha cousa tan mala que asusta de verdade. ¿Pero como carallo non viron que aquelo era lastimoso?

Lémbrame agora o roce entre Sabina e Ramoncín polo tema da manta. Pois logo disto que veñan chorando por subvencións os do cine español, que veñan. A patada nos dentes que lles había que dar sería por piedade... para cos amantes da 7ª Arte. Ó infecto escravista da SGAE correspóndelle o papel de lacaio lambecricas que chora polos cartos e defende esta producción tan española. Sabina é o sentido común de quen paga por ver algo entretido e mínimamente digno. Alatriste é insultante. Por tanta indignante pobreza mental e tanta ausencia dunha faísca sequera de bo gusto ou vergoña allea....

Se existise un xuíz imparcial na taquilla... estaríamos ante a maior hostia nunca atrapada por unha merda rodada por e con tanto español, que tiña que ser moi española esta película, por moito que non haxa máis que mediocridade e ínfulas de nada neste endogámico mundiño de (...) (...)

O Reino dos Ceos. Menos mal que de española ten o xusto (agás para a Sra. Menestra...) e será esa a parte ridícula... ou non.

Non pararía ata mañá ou pasado. Pero que outras doctas e sabias persoas completen estes comentarios. Porque son as cinco da madrugada e teño que me tranquilizar antes de ir para a cama. Menuda noite de merda. Pero de moita merda. Viscosa e fedorenta.

Normalmente tería tentado facer algo un pouco menos cru e se cadra máis coidado. Pero tendo en conta as insatisfeitas gañas de lles parti-la cara que teño... pois queda así.

E por último, non vai ser que alguén se pique e lle pida a un xuíz que lle rasque...

Q’abía vebido i no rejía, senhoría, que uno es probe pero onrado. Que no deseava d’ofender, pero el alcól lla se save.... Que la culpa es de la soziedad, que somos todos.

Incrible... De verdade. O que non a vexa non o vai crer. Pero o que a vexa vaino lamentar na súa alma inmortal.

Incrible... Máis de vinte millóns...

Incrible...

Don Vitto



Ler tóda-las críticas

Categoría: Críticas 18 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

Trailer de Flags of Our Fathers

05-09-2006 21:43:42

Aquí podedes ve-lo trailer. Ten unha pinta bárbara. Esperemos que non sexa moi sentimentaloide, pero non creo que nos neguen unhas boas escenas de acción bélica.

A páxina de Flags of Our Fathers.

Decir que a parte xaponesa xa nos se vai chamar Lamps Before the Wind, senon Red sun, black sand.

Flags of Our Fathers
Lamps Before the Wind

Categoría: Trailers e teasers 1 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

Máis cartaces de Saw 3

05-09-2006 21:29:37


Máis na páxina web.

Como para poñerse malo con estas enfermeiras.

Haberá Saw 3
Cartace de Saw III

Categoría: Xeral 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

Chega a escuridade real

05-09-2006 21:03:06

Poucas películas causaron tal espectación. E ó decir poucas refírome a ningunha. Ninguén espera nada dun filme baseado nun videoxogo, e con razón, vendo os antecedentes da grande pantalla hollywoodienses onde o único referente co seu homónimo de consola era o seu título. Ver Street Fighter (aberración para a vista), Mortal Kombat (o único salvable son as artes marciais non tan de moda por aquela), Tomb Raider (Angelina Jolie é Lara Croft), Resident Evil (sempre sobrou Milla Jojovich), Alone in the Dark (no comment), Doom (plana) e, xa á volta da esquina, a perpetración de Dead or Alive, a cal soamente aporta un incentivo para ir a vela… ou dous, según se mire. Por iso cando digo que este filme causou espectación, foi que dende o trailer xa tiñas a sensación de que esta non ía ser unha máis.

Todo o mundo que disfrutou co xogo (ou non), xa dende a introducción víase que era especial, esa música e esa atmósfera de misterio e chea de preguntas sen resolver. Por iso no trailer vímonos identificados porque cada fotograma era unha imaxe real do xogo. A aparición da Cabeza Pirámide non fixo máis que impacientarnos na estrea.

En canto o filme, sempre co medo no corpo dun fracaso coma as súas antecesoras, suspiramos aliviados nada máis comezar a película e oir a mandolina que tanto recordabamos. Todo, todo é correcto. Unha maxiestraliedade en levar un xogo á grande pantalla. Cada pequeño elemento levado a realidade, incluído as tomas da cámara, tan inquietnates e as veces tan mareantes, o Zippo, a néboa, Cibyl, as enfermeiras (impresionante), a sirena de aviso, a choiva na escuridade, os servizos na escola, as notas e pistas ciscadas, unha banda sonora inquietante… En resumo, Silent Hill. Quen xogou a esta marabilla non quedará defraudado.

O único que se lle podería recriminar é o típico dos filmes ianquis, que teñen que explicar todo, por iso non queda en ningún momento ningún cabo solto, polo que perde un pouco de misterio. Compre dicir que tamén serve para a xente que nunca tocou unha consola poida seguir o argumento, pero creo que non a van disfrutar ó mesmo nivel que os que acabaron o xogo algunha vez. Sean Bean xenial, aínda que un pouco curta a súa aparición. Quedaría moi ben como protagonista principal, igual que no videoxogo, pero é un detalle que non é moi salientable. E o único que me chocou é a "moralexa" final, que non parece moi correcta neste mundo actual, pero que non está mal ó fin e ó cabo.

Para rematar, esta adaptación do xogo de Konami, rompeu unha racha da mala fama destas adaptación, e pon de manifesto que cando están implicados a propia xente que ó crearon o cambio é radical. Moitas adaptacións poderían tomar exemplo, coma vimos en Sin City ou veremos en 300 (onde Frank Miller participa activamente).

Silent Hill non drefraudará a ninguén e a súa atmósfera atraparanos a todos…




Diefer Casan



Categoría: Críticas 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

O Jackie Chan xaponés

21-08-2006 15:24:46

Pouco pódese dicir de City Hunter para a xente que xa a viu. Póde ser unha obra mestra dentro da filmografía de Jackie Chan ou quedar esquecida dentro do seu gran repertorio.

O filme segue o mesmo guión de tódalas súas películas. Espectaculares coreagrafías marcadas cun humor san e entretido. A diferencia é, que esta vez, Jackie métese no papel do detective xaponés de City Hunter, polo que ten que pasar á grande pantalla todas esas animacións do manga e da serie de animación. Polo que a min respecta, isto converte as actuacións dos personaxes demasiado esaxeradas e ás veces ridículas, pero tamén, un se vai acostumando según transcorre a acción.

Polo demáis todo ten un aire manga. Dende os martelos de 5 Ton. ata a ansia do personaxe polas mulleres guapas e unha fame interminable. Entre todo cabe destacar a mítica secuencia dos combates de Street Fighter (¡Aprende Van Damme!), o xogador-lanzador de naipes en plan Gambito e o grupo musical co seu tema tan… "impactante".

Un filme máis do incombustible Jackie Chan, que espero que siga na mesma liña e que nos poida dar ese tipo de películas que nunca gañarán un Oscar, pero que tanto nos gustan.

Diefer Casan



Categoría: Críticas 0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

Shame on you, Jon Peters

29-07-2006 04:40:44


ifrit



Ler tóda-las críticas

Categoría: Críticas 2 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

Canto dano fixo Initial D nas nosas novas e fráxiles mentes

29-07-2006 04:30:54

Cando un pensa en facer unha crítica deste tipo de películas, o primeiro que pensa é en non repetir demasiadas veces o término “atroz”, para que non perda forza nin significado, pero claro, quedamos sen sinónimos igual de contundentes e expresivos.

Pero vaiamos por partes, antes de entrar no cine xa tiñamos claro que iamos ver unha película con máis testosterona ca Floyd Landis, e por se quedaba algunha dúbida, a gran cantidade de malotes na cola e na sala é máis ca suficiente para despexalas, esperemos que ningún deles copie as maneiras dos protagonistas.

Dentro de The Fast and The Furious 3. A Todo Gas. Tokyo Race, hai tres partes que debemos diferenciar claramente:

    1. Argumento: prácticamente inexistente e apenas relevante, non é mais ca unha excusa para pasar ás outras dúas partes
    2. Mozas: Por suposto, tan neumáticas coma os propios coches, con pouca roupa e axustada, é decir, ensinando cacha, tal e como lle gustan a Shin-chan e a nós.
    3. Bugas: moitos, variados e tuneados ate o inferno, alomenos no que a pintura se refire, porque desta xa pasan de dar as poucas explicacións que aparecían na primeira parte sobre mecánica.

Sobre o que constitúe a parte principal da película, as carreiras en sí mesmas, tampouco é que engada gran cousa, a verdade é que a montaxe, intentando ser espectacular, non chega a máis que mareante, e contínuamente da a impresión de estar no medio dun accidente, así que cando chega o accidente de verdade, apenas percibes a diferencia, salvo algún plano a cámara lenta intercalado.

En canto a actuacións, non hai moito que decir, por non decir que os cameos fan olvidar por completo ós protagonistas, ese Sonny Chiba, ou o gran Keiichi Tsuchiya, o verdadeiro e único Rei do Derrape, nunha aparición que os máis fans deste mundiño, e de certa serie de anime, deberían recoñecer, por non falar da gran sorpresa final, que por suposto, non vou desvelar aquí, teredes que sufrir toda a película para velo.

En fin, unha pequena obra de entretemento, que pasará sen pena nin gloria pola nosa carteleira, e que só deixa unha reflexión neste pouco humilde crítico: “canto dano fixo Initial D nas nosas novas e fráxiles mentes”, quen poida entender, que entenda.

Godzilla-sama



Categoría: Críticas 4 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

Blogion.com - the definitive blog directory Blog Flux Directory Blogarama - The Blog Directory
Blogwise - blog directory BlogBlogs.Com.Br BloGalaxia


Licencia de Creative Commons
Tóda-las críticas e artigos desta bitácora están baixo unha licencia de Creative Commons.

Tódolos cartaces, imaxes e calquer outro material gráfico son propiedade
dos seus respectivos autores ou donos do copyright

Para calquer pregunta ou dúbida:

Feito con Bitacorae | A nosa casiña: Bitácoras.com | Deseño Raúl García